Hoxe remata o prazo para entregar os agasallos que farán realidade os desexos que os nenos e nenas das familias ás que axuda SOS Tomiño Baixo Miño, plasmaron nas 94 tarxetas que estiveron penduradas da Árbore dos Desexos no Taller Máxico de Papa Noel. Os agasallos pódense deixar en SOS Tomiño Baixo Miño ou en FerreTui.
Hoxe fixemos balance desta iniciativa, na que colabora o Concello de Tui, co alcalde, Enrique Cabaleiro, con José Carlos Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño, e con Miguel Veiga, de Emedia.gal, promotor deste Árbore dos Desexos que se leva a cabo por segundo ano consecutivo en Tui, e que está chamado a converterse nunha das iconas do Nadal na cidade.