Ponte... nas Ondas! comezou as súas emisións no ano 1995. Hoxe 26 de marzo o edificio da antiga alfándega de Valença acolleu un programa especial para celebrar estes 30 anos de historia, e dende a Radio Municipal de Tui sumámonos cun especial Día a Día.
Conversamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; e co presidente da Cámara Municipal de Valença, José Manuel Carpinteira, sobre esta unión entre ambos países e sobre a creación do Centro do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e Norte de Portugal.