A Fada do Aloia organiza para este sábado 21 unha actividade especial. Será a Noite de San Xoán e benvida ao verán, cun percorrido de dúas horas dende as 22.30 h. As persoas participantes aprenderán cales son as herbas que deben colleitar, cando e onde facelo, e recibirán un ramo de Las Flores de Rita.
A reserva de praza, no 619 96 90 90. Todos os detalles explicounos Natalia Lago, a Fada do Aloia.