Este domingo, 2 de xuño, ás 19 h comezará na praza da Inmaculada Recunchos de Música, unha guía musicalizada polo conxunto histórico de Tui que este ano se centra na emigración galega. Participarán o Coro Infantil de Pazos de Reis, a Escola da Coral Ponte das Febres, o Mariachi Noche de Ronda de Redondela, e a Coral Ponte das Febres que organiza o evento.
Coñecemos o percorrido que van realizar e como serán o evento con Rafael Pérez Dopeso, Mila González, José Manuel Solleiro, Noa Vaz e Sara Montes.