Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.
October 17, 2024Ent. G Face, artista tomiñés - Lanzamento do seu novo sinxelo "Lo mismo"Hoxe na nosa sintonía estreamos o novo tema musical do artista tomiñés G Face, "Lo mismo". Falamos con el tamén sobre o documental que estivo gravando no seu municipio con temas en galego....more8minPlay
October 17, 2024Ent. Mónica García, integrante de Catro Cores - "A trompa non é só cousa de elefantes"Un espectáculo musical e teatral para público familiar é o que chega mañá venres ao Teatro Municipal de Tui dentro da programación de outono. Será “A trompa non é só cousa de elefantes” da man de Catro cores. Esta formación integrada por Ana Vergara, Aida Lozano, Mónica García e Alma Sarasola é o único cuarteto de trompas de Galicia. Mónica García deunos os detalles....more4minPlay
October 16, 2024Ent. Maite Isla de SOGAPS - Axuda campamentos de refuxiados saharauísSolidariedade Galega co pobo saharauí fai un chamamento solicitando apoio urxente ante a crise humanitaria que está a afectar aos campamentos de refuxiados saharauís ante as intensas choivas que sufriron. Dende SOGAPS van comprar material sanitario e o 24 deste mes viaxará aos Campamentos a Comisión Sanitaria de Galicia....more5minPlay
October 16, 2024Eloy Carrera e Manuel Madarnás - Inicio do curso na Escola da Banda de música Popular de TuiEste domingo ás 12 h na súa sede en Guillarei a Escola de Música da Banda de Música Popular de Tui realiza a inauguración do curso escolar 2024/25 cun concerto de Manuel Madarnás xunto a Sic Salem, guitarra, e Narrayan Corrios, saxofón e caixón. Deste evento falamos con Eloy Carrera, director da Banda de Música, e Manuel Madarnás....more5minPlay
October 16, 2024Ent. Miguel Ángel Santos Guerra, catedrático de Educación | Doutor honoris causa pola Universidade de OviedoO catedrático en Educación Miguel Ángel Santos Guerra, vén de ser investido doutor honoris causa pola universidade de Oviedo. Hoxe falamos con el deste recoñecemento e da súa relación con Tui, onde foi profesor no IES San Paio. Na conversa que mantivemos con el participou tamén Teresa Domínguez....more15minPlay
October 15, 2024Ent. Ana García, pedagoga do Centro Sociocomunitario de Tui | Espazo familiarO Centro Sociocomunitario de Tui pon en marcha o Espazo Familiar, unha iniciativa que se centra no crecemento conxunto para bebés e familias, sempre guiado por unha pedagoga. Ela será Ana García, do propio centro, quen hoxe nos deu todos os detalles desta actividade. Serán sesións semanais, todos os luns, de 17:00 h a 18:30 h, cun prezo de 20 euros por mes....more8minPlay
October 15, 2024Ent. Pablo Castiñeira de Vella Escola |Obradoiros de Skate no programa Boas VibesDentro do programa Boas Vibes este domingo o Paseo Fluvial - ou en caso de choiva o exterior do Mercado de San Antonio - acollerá obradoiros de skate para a mocidade da man de Vella Escola. Pablo Castiñeira de Vella Escola explicou en Día a Día en que van consistir ou a quen van dirixidos. Son gratuítos e é preciso inscribirse en [email protected] ou no formulario dispoñible en tui.gal. Tamén haberá exhibicións de Roller con Bomba Hache e BMX Flatland con Aarón Santos....more7minPlay
October 15, 2024Espazo Comercio - SinerxiaNo Espazo Comercio hoxe coñecemos Sinerxia, un establecemento que abriu as súas portas en 2015 da man de Leticia Diz e Diego Domínguez. Hoxe Leticia Diz explicounos como a empresa xurdiu co obxectivo de unir adestramento e fisioterapia, e coma foron estes primeiro anos. Afirmaba que “a saúde é o movemento” e explicaba e convidaba a coñecer os servizos que ofertan entre os que adestramento de forza é un dos grandes descoñecidos....more10minPlay
October 11, 2024Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal | Festa de Outono O PilarA praza do Calvario do Rosal acolle dende hoxe a Festa de Outono O Pilar, con tres días de actividades centradas en poñer en valor o oficio dos cabaqueiros. Todo con música, gastronomía e historia. A alcaldesa, Ánxela Fernández, deunos os detalles....more9minPlay
October 10, 2024Ent. André Fernandes da Asociación Deportiva Verdoejense | 2 leguas da ContrastaAté este domingo está aberta a inscrición para a carreira “2 leguas da Contrasta” que se vai celebrar o próximo domingo 20 de outubro na Eurocidade Tui-Valença. Haberá distintas distancias en función da categoría e tamén unha andaina. A inscrición pode facerse en www.2leguascontrasta.pt. Coñecemos todos os detalles con André Fernandes da Asociación Deportiva Verdoejense....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.