Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.
October 23, 2024Ent. Rubén Cela, do proxecto Nós | Doazón de voz en TuiMañá xoves chega a Tui o proxecto Nós para recoller as voces da cidadanía, rexistrar as variedades fonéticas e dialectais de Tui para que a lingua galega estea tamén presente nas novas tecnoloxías. Por exemplo que podamos falar en galego con SIRI, Alexa ou o GPS. Así o explicou hoxe Rubén Cela, do proxecto Nós....more12minPlay
October 23, 2024Ent. Carlos Fer, artista e cineasta tudense | Participación no Certame internacional Intersección, na CoruñaCarlos Fer é artista, cineasta e tamén tudense. Esta semana está expoñendo a súa obra nun festival internacional, o Certame Intersección, na Coruña. Alí participa con dúas obras: "Pliegue tectónico II" e "Un cuadro con subtítulos". Falamos con el sobre este festival e sobre futuros proxectos....more6minPlay
October 23, 2024Ent. Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas | Curso de cogomelosO vindeiro sábado 2 de novembro celebrarán no Centro Cultural Seixos Albos de Areas un novo curso de cogomelos. A actividade comezará ás 9:30 e terá unha parte teórica e outra práctica, cunha saída ao monte. É preciso inscribirse previamente en [email protected] ou no 722 166 198. O prezo é de 10 euros, tendo desconto os comuneiros. Deu os detalles Lito Pereira, o presidente da Comunidade de Montes de Areas....more4minPlay
October 22, 2024Ent. Javier Alonso, director da Agrupación Musical do Rosal | Gañadora do Certame Galego de Bandas de MúsicaA Agrupación Musical do Rosal vén de acadoar a máxima puntuación no Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música e proclamouse gañador da sección primeira, cunha proposta musical moi arriscada e complexa. Falamos deste éxito co director da Agrupación, Javier Alonso....more7minPlay
October 22, 2024Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado | IV Feira da CabazaA cabaza xunto a outros produtos de outono serán os protagonistas da IV Feira da Cabaza que este sábado 26, domingo 27 e xoves 31 se vai celebrar no Mercado de San Antonio. Amais do mercado destes produtos haberá tamén un amplo programa de actividades coma showcooking, obradoiros, catas e espectáculos. Así o explicaba esta mañá a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez....more17minPlay
October 21, 2024Programa Especial Día a Día con Jose FontAo do luns 21 de outubro foi un programa moi especial do Día a Día. Jose Font xubílase e a mañá estivo repleta de lembranzas, de voces que amosaron cariño, recoñecemento e agradecemento cara a persoa que leva tres décadas ao fronte deste programa e da Radio Municipal de Tui....more2h 27minPlay
October 18, 2024Ent. Xermán Cordero, Trans Miño LGTBIQ+ - Día Internacional das Probas Cribado do VIHO 20 de outubro conmemórase o Día Internacional das Probas Cribado do VIH. Dende Trans Miño LGTBIQ+ porán unha mesa informativa no Concello da Guarda o luns día 21 para potenciar que as persoas se fagan ditas probas e sexan conscientes do que é o VIH. Xermán Cordero deunos todos os detalles....more8minPlay
October 18, 2024Ent. Suso Vila, historiador - Roteiro histórico "O Tui das mulleres esquecidas"“O Tui das mulleres esquecidas” é o nome do roteiro histórico que mañá vai celebrarse en Tui. Partirá ás 18 h dende a praza da Inmaculada, e estará guiado polo historiador Suso Vila. El contounos hoxe a importancia de coñecer estas historias. A actividade está organizada pola Asociación de Mulleres Feministas Berra e é solidaria, cun custe de cinco euros....more10minPlay
October 18, 2024Ent. Yara Juncal, de Boombox Dance Studio - Exhibición danzas urbanas, Boas VibesMañá sábado comeza o programa Boas Vibes en Tui, con propostas de música, danza, poesía, cómic, skate e rolling. A primeira cita será cunha exhibición de danzas urbanas. Será ás 19 h de mañá 19 de outubro no exterior do Mercado de San Antonio. Yara Juncal, da escola Boombox Dance Studio explicou polo miúdo en que vai consistir....more6minPlay
October 18, 2024Ent. Óscar Fernández e María Benavides, presidente e secretaria da Comisión de Areas - Festas da Virxe do RosarioAreas celebra festas na honra á Virxe do Rosario a próxima fin de semana do 26 e 27 de outubro. Cunha comisión renovada e xove, Óscar Fernández, o seu presidente, e María Benavides, secretaria, presentáronnos o programa completo de festas....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.