Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.
November 05, 2024Ent. Mar Iglesias, profesora de sevillanas | Clases no Liceo CasinoO Liceo Casino de Tui acolle clases de sevillana todos os mércores ás 20 h. Mar Iglesias é a bailarina e profesora encargada de impartilas, e hoxe contounos todos os detalles destas clases, que teñen un custo de 30 euros por mes e que non esixen coñecemento previo....more7minPlay
November 05, 2024Ent. Carmen Nuñez, voceira do BNG - Rolda pleno extraordinario outubroProseguimos a rolda de conversas tras o pleno extraordinario celebrado o pasado mércores, 31 de outubro, pola corporación municipal de Tui. Hoxe foi a quenda de Carmen Núñez, voceira do BNG....more20minPlay
November 04, 2024Ent. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos | IX Pinta TuiEste domingo día 10 de novembro vai celebrarse a novena edición de Pinta Tui. Unha actividade enfocada en todo tipo de participantes, de todas as idades e con variedade de técnicas. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos, explicou na nosa sintonía que é precisa inscrición previa para participar....more7minPlay
November 04, 2024Ent. Javier Argüelles e Pablo Romero, Cineclub Tui | A noite americana, de François TruffautMañá martes haberá unha nova cita do Cineclub Tui coa proxección da película A noite americana, de François Truffaut. Será en dúas sesións, a primeira ás 18.30 h e ás 20.45 h na aula da UNED. Pablo Romero e Javier Argüelles, do Cineclub, déronnos os detalles desta película....more7minPlay
November 04, 2024Ent. José Manuel Palacín,de C21 | Rolda pleno extraordinario outubroCon José Manuel Palacín, voceiro de C21 abrimos hoxe a rolda de conversas sobre o pleno extraordinario celebrado o pasado mércores pola corporación municipal....more22minPlay
October 31, 2024Ent. Lolo Castro, Barafunda | Roteiro nocturno de Samaín en TuiHoxe terá lugar un roteiro nocturno de Samaín en Tui. Será de 21 h a 1 h, cun percorrido que comezará na praza da Inmaculada, en grupos de 10 persoas que irán partindo cada cinco minutos. Ao longo da andaina poderanse cruzar con misteriosos personaxes que, ademais de contar as súas historias de vida, poden provocar algún susto inesperado. Lolo Castro, de Barafunda, explicou o seu funcionamento....more5minPlay
October 31, 2024Ent. Naldo Costas, catro estrelas TheQHairNaldo Costas vén de recibir as catro estrelas de TheQHair en Madrid, que recoñece aqueles salóns que destacan pola súa excelencia e calidade no servizo. Falamos con Naldo sobre o que significa recibir esta distinción, do que é dedicar unha vida á perruquería e tamén do talento e comercio tudenses....more7minPlay
October 31, 2024Ent. José Fernández, da Asociación de Amigos das Motos Dalle Gas | Mercadiño e Exposición de Motos AntigasEsta fin de semana do 2 e 3 de novembro celébrase o Mercadiño e Exposición de Motos Antigas no pavillón polideportivo de Goián. Haberá exposición e venda de clásicas, recambios, miniaturas, ferramentas e coches clásicos. José Fernández, da Asociación de Amigos das Motos Dalle Gas, deunos os detalles....more3minPlay
October 30, 2024Ent. Adrián Ares, director do seminario "Escribir na fronteira entre España e Portugal"; e MInerva Ojeda, da aula UNEDA Aula Uned de Tui acollerá o próximo venres 8 e sábado 9 de novembro o seminario especializado “Escribir en la frontera entre Galicia y Portugal en la Edad Media: protagonistas, lugares y productos”. A matrícula ten un prezo de 27 euros, e é gratuíta para as persoas empadroadas en Tui. Adrián Ares, director do seminario, e Minerva Ojeda, coordinadora da aula tudense, deron todos os detalles....more8minPlay
October 30, 2024Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, e Fran Núñez, director do CDG - CDG con Terceiro ActoUn espectáculo emotivo, divertido e sorprendente. Así definía Fran Núñez, director do CDG a obra "Terceiro acto" que añá ás 21 h representa no Teatro Municipal de Tui o Centro Dramático Galego. Falamos con el e coa concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, hoxe no programa Día a Día. As entradas están á venda en tui.gal....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.