Este sábado, 30 de marzo, ás 19 h na Gala que se vai celebrar no Teatro Municipal a Asociación Amigos da Catedral vai recibir o Premio Cidade de Tui na categoría de colectivo.
Hoxe falamos deste recoñecemento con Dolores Balseiro quen transmitiu a sorpresa e agradecemento da Asociación que preside o seu marido, Eduardo Cadenas dende hai 30 anos. Ela sempre estivo aí e lembraba o impulso inicial de D. Domingo Cameselle, a Manuel Martínez que foi o primeiro presidente, e ampla labor realizada ao longo de máis de tres décadas. Tamén facía un chamamento á incorporación de novas persoas para continuar co este labor.