Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,284 episodes available.
May 27, 2024Ent. Diego Luís Martínez e André Morais | I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección CivilA Eurocidade Tui-Valença acolle hoxe e mañá o I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil. Falamos dos obxectivos e da actividade prevista con Diego Luís Martínez e André Morais, membros da organización. Mañá martes, no recinto feiral de Tui, haberá unha exposición de medios d e loita contra os incendios forestais de ambos países....more16minPlay
May 24, 2024Ent. Carolina Figueroa do CPA Ribex - Campionato Galego de 2º Grupos ShowPreto de 360 patinadores e patinadoras de toda Galicia participarán mañá sábado no pavillón Gustavo Rodríguez en Tui no Campionato Galego de 2º Grupos Show. Trátase dunha modalidade moi vistosa. Pola mañá serán os adestramentos e a partir das 16 h a competición. A entrada ten un prezo de 6€. Con este campionato recadar cartos para sufragar parte da viaxe do Grupo Show do Ribex ao Campionato do Mundo....more5minPlay
May 24, 2024Ent. Tino Baz - Concerto de Cantares do BrueiroO Auditorio de Goián acolle este domingo, ás 19 h, o concerto "Se cantan, es ti quen cantas" de Cantares do Brueiro, un grupo que cumpre agora dez anos. Hoxe Tino Baz, o seu director, falouse desta década de percorrido, e do concerto deste domingo....more10minPlay
May 24, 2024Ent. Claudia, Gael, Fabio e Amar do CEIP nº1 e Eva de Naldo Costas- Exposición "Coñecer para transformar""Coñecer para transformar" é o título da exposición que mañá de 19 a 21 h se poderá visitar en Naldo Costas. Foi realizada polo alumnado do CEIP nº1 dentro do seu proxecto sobre o mundo da cosmética saudable. Para visitar a mostra farase un donativo de 1€ destinado á ONG CEMMA. Hoxe déronnos todos os detalles Claudia, Gael, Fabio e Amar, do CEIP nº1 e Eva Martínez de Naldo Costas....more8minPlay
May 23, 2024Ent. Fito Pereira do Motoclub Randufe | VIII Supercross Cidade de TuiO Complexo Off Road de Tui acolle este sábado pola tarde o VIII Supercross Cidade de Tui que organiza o Motoclub Randufe, un club que celebrar o seu vinte aniversario. Trátase dunha disciplina moi espectacular e vistosa. Haberá 7 categorías dende o 50cc até a Pro nas que participarán pilotos de moi alto nivel. Contounolo Fito Pereira do Motoclub Randufe...more8minPlay
May 23, 2024Ent. Pilar Pazo da Asociación do Traxe Tradicional | II Encontro de Folclore da RaiaA praza de San Fernando acolle este sábado o II Encontro de Folclore da Raia. Ás 12 h terán unha visita guiada por José Ramón Fernández, e a partir das 19 h actuarán Sabrina Durazo, solista especialista en música medieval, o grupo folclórico de Ganfei e os grupo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui. Pilar Pazo deunos hoxe todos os detalles....more5minPlay
May 23, 2024Ent. Laura Alonso, optometrista | III Xornadas de EducativasLaura Alonso, optometrista, falará de "A relación entre a visión e a atención en escolares" hoxe ás 19 h no salón de actos do Seminario Menor dentro das III Xornadas Educativas organizadas polas ANPA's de Tui....more8minPlay
May 22, 2024Ent. Rossana Fosatti, terapeuta emocional |Taller de AutoestimaA terapeuta emocional Rossana Fosatti está a impartir no Centro Sociocomunitario de Tui un taller de autoestima, que consta de distinas sesións. Hoxe contounos en qué consiste e cales serán as próximas datas....more11minPlay
May 21, 2024Ent. Ruben López, director Conservatorio - Matrícula Probas de Acceso 1º Grao Elemental.mp3Este venres remata o prazo de matrícula nas probas de acceso a 1º de grao Elemental no Conservatorio Profesional de Música de Tui. O director do centro, Rubén López, deunos todos os detalles, destas probas dirixidas a nenos e nenas 8 a 14 anos....more6minPlay
May 21, 2024Ent. Eloy Carrera e Miguel Prado da Banda de Música Popular de Tui | Concurso Cartel Festival de Bandas de MúsicaA Banda de Música Popular de Tui convoca un concurso para elixir o cartel anunciador do XIX Festival de Bandas de Música de Tui. Esta será unha das novidades deste clásico evento como explicaba o director da banda, Eloy Carrera. Miguel Prado engadía que o deseño será libre, coa premisa que teñen que aparecer os datos do festival....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,284 episodes available.