O Concello de Tomiño pon en marcha a terceira edición de ‘Enche o teu monte de vida autóctona’, unha campaña a través da que se entregará planta forestal frondosa e autóctona á veciñanza para contribuír a repoboar as 900 hectáreas das franxas secundarias de xestión da biomasa.
Van repartir 1.800 árbores que se sumarán aos máis de 2.600 exemplares como cerdeiras, nogueiras, érbedos, castiñeiros, carballos, sobreiras, aciñeiras e bidueiros entregados durante as dúas primeiras edicións desta campaña.
Falamos da mesma con Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente de Tomiño.