Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,284 episodes available.
April 26, 2024Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Tui en letrasBoa acollida está a ter a "Casa dos libros orfos" que o Concello de Tui abriu esta semana na praza da Inmaculada. Así o explicou hoxe a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Esta iniciativa forma parte da programación de Tui en Letras que até xuño brinda un amplo programa de actividades no que destaca a XXV Feira do Libro Galego o 17 de maio....more8minPlay
April 25, 2024Ent. Ángel Sánchez e Pepe Coira - Sección Sombras en Play Doc“Sombras” é o título da nova sección que Play Doc abre nesta viséxima edición dedicada a recuperar a historia do cinema galego. Este ano céntrase na figura de Tony Román. Así nolo contaron Ángel Sánchez, codirector do festival, e Pepe Coira, guionista, escritor e produtor....more17minPlay
April 24, 2024Ent. Ángel Sánchez, codirector de PlayDoc | León HirszmanO cinema brasileiro está presente nesta viséxima edición de Play Doc a través da figura de León Hirszman, que foi un dos creadores do coñecido coma cinema novo brasileiro. Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector de Play Doc, quen deu conta das curtas de David Gladwell LADWELL, a restauración dunha película de Viola Stepahn e a proxección de “As armas e o povo”. Lembrou que están á venda de forma anticipada as entradas en play-doc.com....more11minPlay
April 24, 2024Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo de Tui - Rutas pola naturezaEste domingo comezan as Rutas pola Natureza organizadas polo Concello de Tui. A concelleira de Turismo, Ana Núñez, explicounos a oferta proposta de trece rutas que terán lugar até finais de xuño....more14minPlay
April 24, 2024Ent. Luisa Blanco e Mónica Solla da Asociación de Párkinson do Baixo Miño - Acto Día Mundial do PárkinsonA Asociación do Párkinson do Baixo Miño vai celebrar este sábado ás 17.30 h no Liceo Casino o Día Mundial do Párkinson que tivo lugar o pasado 11 de abril. O evento será conducido por Rodolfo e Olivia. Contarán cunha charla coloquio “Como coidar o noso cerebro: Os piares básicos” a cargo de Sonia Gayoso, psicóloga especialista en demendas e dano cerebral adquirido, sorteo e uns petiscos. Así nolo contaron Luisa Blanco e Mónica Solla....more13minPlay
April 23, 2024Ent. Alba Fernández, psicóloga | Taller “Fame Emocional"O 2 de maio ás 17 h no Liceo Casino terá lugar a taller “Fame Emocional" a cargo da psicóloga Alba Fernández e da nutricionista e farmacéutica Clara Hernández. Ofértanse 12 prazas. O prezo é de 25€ para socios do Casino e de 30 € para non socios....more11minPlay
April 23, 2024Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - William FriedkinPlay Doc, na súa vixésima edición do 1 ao 5 de maio, dedica unha retrospectiva a William Friedkin. Hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, falounos deste cineasta que dirixidou entre outras French Conection ou O Exorcista. Estas son dúas das películas que poderemos ver en Play Doc, xunto tamén a un documental no que se entrevista a William Friedkin....more14minPlay
April 23, 2024Ent. Loli Fernández da Libraría Iris | Día do LibroHoxe, 23 de abril, é o D'a do Libro. Por este motivo acheg'ámonos a unha das librarías tudense, Libraría Iris. Loli Fernández contounos coma viven esta xornada na que teñen un desconto do 10% nos libros, e deunos conta dos máis vendidos nestes momentos....more3minPlay
April 23, 2024Ent. José Martínez Tato de Andatui - XX Andaina Solidaria TudenseO próximo 4 de maio celebrarase a XX Andaina Tudense organizada polo club Andatui. José Martínez Tato deunos conta hoxe do percorrido a realizar, novidoso, dende a rúa Olímpicos Tudenses ao cumio do Aloio, a regreso ao punto de partida. Anticípase a hora de saída ás 9 h. A inscrición está aberta até o martes 30 en andatui.es...more12minPlay
April 22, 2024Ent. Ángel Sánchez, codirector de PlayDoc | O 1de maio comeza o XX Play DocHoxe abrimos en Día a Día un espazo no que ao longo desta semana iremos coñecendo todo o que nos vai ofrecer Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui do 1 ao 5 de maio. Facía fincapé Ángel Sánchez nos 20 anos do festival, e tamén e nos eventos máis aló das proxección que nos ofrece Play Doc....more12minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,284 episodes available.