Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.
September 03, 2024Ent. Damián Domínguez de Pinturas Damián | Espazo ComercioHoxe no Espazo Comercio falamos de Pinturas Damián,. Dende xaneiro de 2019 está ao fronte deste establecemento Damián Domínguez. Hoxe contounos coma pintura e papel pintado son os productos principais que ofrecen, pero tamén poñen en contacto á clientela con profesionais do sector da construción para realizar unha obra....more10minPlay
September 02, 2024Ent. Marta Puig, Vilma Faingezicht e Rafael Sánchez Bargiela - Setembro Xudeu en TuiOnte comezou en Tui a programación do Setembro Xudeu que forma parte das Xornadas Europeas da Cultura Xudía. Destas xornadas falamos hoxe con Marta Puig, xerente da Red de Juderías de España. Tamén estivo connosco Vilma Faingezicht que ás 20 h na Sala Municipal presenta o seu libro “Una judía en el Camino de Compostela” e a exposición "Luces de esperanza dende os sambenitos de Tui". Tamén será inaugurada a mostra As familias criptoxudías entre a diáspora e a asimilación: os Coronel comisariada por Suso Vila.Completamos a conversa con Rafael Sánchez Bargiela, historiador e técnico municipal....more20minPlay
August 30, 2024Ent. Carlos Estévez - Campionato de España de Radiocontrol TérmicoO río Miño ao seu paso por Tui acolle esta fin de semana o Campionato de España de Radiocontrol Térmico, organizado polas reales Federacións Española e Galega de Motonáutica. Participarán 12 pilotos. Falamos desta espectacular proba con Carlos Estévez....more10minPlay
August 30, 2024Ent. Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño - 4,7 millóns de euros para o Consorcio do Louro.O Consorcio de Augas do Louro recibirá 4.719.912,04 euros ao abeiro do PERTE para a dixitalización e modernización do ciclo da auga dos fondos europeos Next Generation UE.A proposta do Consorcio foi a mellor puntuada de Galicia e tamén se posicionou entre as mellores a nacional. Falamos deste proxecto con lejandro Lorenzo, alcalde do Porriño e presidente do Consorcio....more6minPlay
August 29, 2024Ent. Pedro Villaroel, director da Agrupación Musical de Goián e Alfredo Susavila- Verbena SinfónicaUnha noite moi especial será a que se poderá vivir mañá venres, a partir das 22 h na praza do Seixo, en Tomiño co concerto de verán da Agrupación Musical de Goián que este ano leva por título “Verbena sinfónica”.Falamos do mesmo con Pedro Villaroel, director da Agrupación Musical de Goián e Alfredo Susavila, mestre e pianista que se encarga da dirección musical e os arranxos....more8minPlay
August 29, 2024Ent. Hortensia Martínez de La Flor - Espacio ComercioHoxe no Espazo Comercio que realizamos con ACITUI recibimos a Hortensia Martínez de Floristería La Flor. Este establecemento abriu as súas portas hai 43 anos. Falamos dos inicios, do presente e os servizos que realizan e tamén do futuro....more11minPlay
August 28, 2024Ent. Sandra González e Pilar Ramos - Concerto "Verbena Sinfónica" da Agrupación Musical de Goián“Verbena sinfónica” é o título da orixinal proposta que este venres, ás 22 h na praza do Seixo presentará a Agrupación Musical de Goián no seu tradicional concerto de verán. Un evento moi especial do que hoxe falamos co alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e coa presidente da Agrupación Musical de Goián....more11minPlay
August 27, 2024Ent.Igor Drozdov de BlackBird Concept- Espazo ComercioNo tempo de Espazo Comercio hoxe coñecemos BlackBird Concept, unha barbería e perruquería de cabaleiros, que en 2019 abriu un novo centro en Tui que se sumou ao que dende 2017 teñen no Porriño. Igor Drozdov falounos de moda, de cortes, dos servizos que ofrecen, e a filosofía que teñen no seu establecemento....more10minPlay
August 27, 2024Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Solicitude 4 Lugares da MemoriaO Concello de Tui vai solicitar ao Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática que se declaren coma “Lugares de memoria democrática” o antigo cárcere do partido xudicial na Praza da Inmaculada, o parque da Alamed, o Destacamento da Armada e o cuartel dos Carabineros, actualmente da Guardia Civil. Tamén creará un itinerario de memoria democrática. Así o explicaba hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro....more8minPlay
August 26, 2024Ent. Andrea González, director do IKFEM - Concerto da Orquestra Sinfónica RTVE e a pianista Marta MenezesO IKFEM Festival pechará a súa programación de 2024 co concerto da Orquestra Sinfónica RTVE e a pianista Marta Menezes o venres, 6 de setembro, ás 21 h ES, nas Cortinas de San Francisco en Valença. As entradas están xa á venda para este evento tan especial coma hoxe nos explicaba a directora do festival Andrea Gozález....more6minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.