Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.
September 20, 2024Ent. Beatriz Rodríguez, psicóloga de AFAGA | Día Mundial do AlzhéimerMañá, 21 de setembro, conmemórase o Día Mundial do Alzheimer. En Tui o Concello de Tui porá en breve en marcha a sexta edición do programa de prevención Cultiva a Mente, en colaboración con AFAGA. Amais no Centro de Recursos de Randufe desenvolve actividades para persoas que contan xa cun diagnóstico de Alzheimer ou outras demencias. Desta actividades, así coma da enfermidade, da prevención, ... falamos esta mañá con Beatriz Rodríguez, psicóloga de AFAGA....more16minPlay
September 19, 2024Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Estudio de mobilidade transfronteiriza sustentableA Eurocidade Tui-VAlença presentou onte á tarde o seu Estudio de mobilidade transfronteiriza sustentable. Falamos destes estudo que contempla o proxecto piloto dun autobús eléctrico que conecte os centros urbanos de Tui e Valença, co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro....more12minPlay
September 19, 2024Ent. Tania Otero, de Cucadas | Espazo ComercioNo tempo de Espazo Comercio que realizamos con ACITui acompañounos Tania Otero de Cucadas. Este establecemento abriu as súas portas en setembro de 2005. Neste camiño de dezanove anos foron evolucionando nos produtos que ofertan para os bebés porque, como explica Tania, mudou moito. O seu punto forte é o asesoramento aos pais e nais; e o seu obxectivo a medio prazo é avanzar nas súas redes sociais....more7minPlay
September 19, 2024Ent. Xosé Martínez Tato, club AndaTui Rego da Pedra| Andaina entre Valença e Tui pola Semana da MobilidadeEste domingo día 22 de setembro ás 10:00 ES partirá dende a Praça da República de Valença unha andaina organizada polo club AndaTui Rego da Pedra con motivo da Semana da Mobilidade. A meta estará na praza da Inmaculada, en Tui. O tren turístico da Eurocidade transportará ós participantes de Tui até o punto de saída, ás 9:30 h ES, e volverá á Valença dende a praza da Inmaculada, ás 12:30 h ES....more4minPlay
September 19, 2024Ent. Ángel Pozo de Terra Sigilata | Concerto música sefardí no Setembro xudeuEste domingo día 22 de setembro a igrexa de San Domingos, en Tui, ás 20 h, acollerá o principal evento do "Setembro xudeu". Será coa música de Terra Sigilata, un dúo palentino conformado polos irmáns Ángel e Marimar Pozo....more8minPlay
September 19, 2024Ent. Paula López de Equigalia | Concurso Nacional de saltos en TuiCita destacada esta fin de semana en Tui co Concurso Nacional de Saltos que se vai celebrar nas instalacións de Equigalia, e que vai reunir a destacados xinetes e amazonas. A competición comezará mañá venres ás 14:30 h e continuará até o domingo coa disputa do gran premio. A entrada é de balde. No Instagram do Club @csn_equigalia pódese consultar toda a información....more9minPlay
September 17, 2024Ent. María Fernández | Transporte público ao CUVI dende TuiMaría Fernández é veciña de Tui e nai dun estudante da Cidade Universitaria de Vigo. Solicita que haxa un servizo directo de autobús, dende o CUVI a Tui, ás 14 h cando o alumnado sae das clases, xa que actualmente so hai servizo ás 12 h ás 13 h e ás 20 h. Contounos a situación no programa Día a Día....more6minPlay
September 16, 2024Ent. Mar López de MyR | Espazo ComercioNo tempo de Espazo Comercio que realizamos con ACITui acompañounos Mar López de MyR Lanas. Este establecemento abriu as súas portas en outubro de 2005, comezando con abalorios. Nestes dezanove anos tivo xa tres emprazamentos e nos que se foi renovando. Explicounos os distintos talleres que ofrecen aos que cada vez máis persoas se suman a tecer. Avanzaba que en outubro terá dous días de maratón teceril....more11minPlay
September 16, 2024Ent. Lucía Estévez do CCV Veciñal | Actividades OutonoA Asociación Cultural e Veciñal Laxes de Paramos pon en marcha un novo programa de actividades a partir deste outono, no que continuarán con algunha das propostas que xa realizaban e presentan outras novidosas. Amais este sábado comezan as rutas con A Fada do Aloia que farán unha vez ao mes, e o domingo en sesión vermú contarán con Manuel Madardáns. Así nolo contou Lucía Estévez desta asocións....more8minPlay
September 16, 2024Ent. Manuel Vicente 'Roxo' | MUMI 2024A Eurocidade Tui-Valença e a sede do quinto MUMI, o Encontro da Música de Galicia e de Portugal. Dos obxectivos, o programa previsto, e o futuro falamos con Manuel Vicente 'Roxo' membro da organización....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.