Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,284 episodes available.
April 12, 2024Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui - Final División Junior MasculinaO equipo junior do CB Tui xogará mañá a final da División Junior Masculina Campionato Xunta de Galicia fronte ao Obradoiro Peleteiro, Cafés Candelas Ensino e Nexo 8 ETT Novobasket. Javi Niño, coodinador deportivo do club, recoñecía que o feito de xogar esta final é xa un premio....more4minPlay
April 12, 2024Ent. Helena Pousa, Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña|Día da RepúblicaA Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña organiza unha serie de actos con motivo do Día da República. Comezan mañá ás 12 h ES no cemiterio de Moreiras en Monçao onde está soterra a galega Amparo Alvajar. O domingo realizarán un “xantar republicano” no Copo sen Fundo de Goián. E o 26 en Tui, e o 30 na Guarda, unha charla Guillermo Vicente de Santiago, o derradeiro alcalde republicano de Tui....more4minPlay
April 12, 2024Ent. Julio Martín da Asociación de Autocaravanas de Galicia | Inauguración de área de autocaravanas en TomiñoTomiño inaugura mañá ás 11.30 h a area de autocaravanas do Seixo. Julio Martín, vicepresidente da Asociación de Autocaravanas de Galicia valoraba positivamente esta nova, que se suma ás case 200 áreas destes tipo que hai en Galicia, sendo unha das comunidades de España con máis infraestruturas deste tipo....more6minPlay
April 12, 2024Ent. Manuel Vazquez La Cruz de Levada Libre - Acto Volta da MouraMañá sábado ás 18 h na Volta da Moura terá lugar o acto organizado por Levada Libre na honra a todas as persoas asasinados polo fascismo no mundo. Será presentado por Manuel Vázquez de la Cruz e Raúl Francés. haberá distinats intervencións, música e baile coma hoxe nos explicaba Manuel Vázquez de la Cruz....more10minPlay
April 11, 2024Ent. Juan Manuel González, Protección Civil de Tui - Charlas sobre primeiros auxiliosA Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui está a impartir charlas sobre primeiros auxilios nos centros educativos de Tui. Estiveron xa no CEIP nº2 e estes días están en Rebordáns, e outros centros amosaron xa o seu interese. Contóunolo Juan Manuel González, presidente de Protección Civil de Tui....more7minPlay
April 11, 2024Ent. Tomás de Dios e Xacobe Morais | Adestramentos con A Quinta de Tui FSTomás de Dios, toda unha referencia do fútbol sala a nivel nacional, está a compartir estes días adestramentos con A Quinta de Tui F.S. Tamén onte ofreceu unha charla técnica na que amais dos adestradores de A Quinta, participaron tamén os doutros equipos. Hoxe estivo no programa Día a Día xunto a Xacobe Morais....more14minPlay
April 11, 2024Ent. Laura Llauder | XIV Encontro Interuniversitario de Expresión corporal e danza en TuiMáis de 60 persoas van participar esta fin de semana na Abadía do Pelouro no XIV Encontro Interuniversitario de Expresión corporal e danza, que se reaizará por primeira vez en Galicia. Así nolo explicou Laura Llauder. O público en xera poderá disfrutar de dous espectáculos con entrada de balde. O sábado ás 19 h na propia Abadía do Pelouro en Caldelas, e o domingo ás 11.30 h na praza de San Fernando na Catedral....more7minPlay
April 11, 2024Ent. Pepe Coira, guionista, produtor e editor da obra - Presentación do libro de Daniel Domínguez“Las costuras del guión: textos de cine y vida” é o título do libro de Daniel Domínguez que se vai presentar mañá venres ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións de Tui. Do mesmo falamos con Pepe Coira, produtor, guionista, e editor desta obra....more9minPlay
April 11, 2024Ent. Berto Otero de Lugove - Axustes nos horarios das liñasA partir de mañá a empresa Lugove realizará modificacións puntuais no servizo na comarca do Baixo Miño co obxectivo de adecuar os horarios ao cambio da estación de autobuses de Vialia. Así o explicaba Berto Otero da empresa Lugove, quen indicaba que tamén se tenta mellorar a información aos viaxeiros....more8minPlay
April 10, 2024Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui | Campamento de Verán Igual É +O próximo 29 de abril abre o prazo de solicitude de praza no Campamento de Verán Igual É + do Concello de Tui. O concelleiro de Deporte, Rafael Estévez, deunos todos os detalles. Ofertan 4 quendas nos meses de xullo e agosto con 140 prazas por quenda....more9minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,284 episodes available.