Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,140 episodes available.
November 14, 2023Ent. Suso Vila, historiador - “A ascendencia xudía de Francisco Sánchez, o Tui da época ....”“A ascendencia xudía de Francisco Sánchez, o Tui da época e as relacións con Portugal” é o título do relatorio que ofrecerá o historiador tudense Suso Vila ás 16.45 h na Sala Félix Rodríguez dentro da Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte. Desta conferencia falamos hoxe no programa Día a Día....more7minPlay
November 14, 2023Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador - Relatorio “A biografía de Francisco Sánchez”O relatorio “A biografía de Francisco Sánchez” por Rafael Sánchez Bargiela abre ás 16.15 h a “Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte” na Sala Félix Rodríguez. No programa Día a Día falamos con Rafael Sánchez Bargiela da súa intervención e da importancia de Francisco Sánchez....more11minPlay
November 14, 2023Sección Educación - Martes, 14 de novembro de 2023O uso de dispositivos móbiles e a educación por competencias centraron hoxe o tempo que os martes dedicamos á educación no programa Día a Día con Teresa Domínguez....more10minPlay
November 09, 2023Ent. Vicki Méndez e José Álvarez da Asociación A Insua - San Martiño e II Concurso de Decoración de NadalEn Caldelas celebrarán esta fin de semana o San Martiño con actividades dende mañá venres até o domingo con carpa. Vicki Méndez e José Álvarez da Asociación A Insua déronnos todos os detalles. Tamén nos falaron do II Concurso de Decoración de Nadal que convoca....more9minPlay
November 09, 2023Ent. Sonia Mirón, escritora - Presentación da súa novela "No son mariposas, son elefantes""No son mariposas, son elefantes" é a cuarta novela xuvenil de Sonia Mirón. Esta mañá no programa Día a Día falamos con esta desta obra, e explicaba que as catro novelas que ten publicado até o momento abordan temas moi realistas que abordan problemas e plantexan solucións que se dan nas familias. Mañá presentará a novela ás 19 h na libraría Espazo Lector Nobel....more17minPlay
November 09, 2023Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui . Obras Corredoira/González Besada, praza de Abastos, Camilo José Cela...O convenio asinado coa Deputación para o financiamento das obras en Augusto González Besada e na Corredoira, as obras no edificio municipal e na rúa Camilo José ou na praza de Abastos, foron algúns dos asuntos que abordamos esta mañá co alcalde de Tui,Enrique Cabaleiro....more7minPlay
November 08, 2023Ent. Francisco Álvarez Koki, escritor - Presentación Hijos de laluz y de la ira e Louvor de AbrilEste venres, ás 20 h na casa cultural da Comunidade de Montes de Camposancos, na Guarda, o escritor Francisco Álvarez “ Koki” presentará os seus dous últimos traballos “Hijos de La luz y de la Ira” e “Louvor de abril”. Hoxe falounos da súa obra no programa D'a a Día....more10minPlay
November 06, 2023Ent. Laura Santiago, profesora do CEIP nº2 - Xornada “Educar en igualdade de Xénero"O CEIP nº2 organiza a Xornada de Formación para as familias e profesorado titulada “Educar en igualdade de Xénero. A importancia dunha Educación sexual en calidade”. Terá lugar o martes 14 de novembro de 16:30-18:30h no salón de actos do centro. Correrá a cargo da pedagoga e sexóloga Erea Devesa. Está destinada a familias, profesorado e aberta a todas aquelas persoas que queiran participar de todos os centros educativos da contorna. Laura Santiago profesora do CEIP nº2 explicaba o obxectivo destas xornadas....more7minPlay
November 06, 2023Ent. Ana Carpintero e Fran Alonso de SomosOcéano - Colección El Día de la BestiaA empresa tudense SomosOcéano volve aliarse coa sétima arte. Tras a colección dedicada a Pedro Almodovar, lanza agora unha colección con edición limitada da película “El Día de la Bestia” de Álex de la Iglesia. Hoxe mesmo comeza a prevenda da coleción na súa web e nas tendas seleccionadas. Hoxe falamos precisamente desta colección con Ana Carpintero e Fran García....more16minPlay
November 03, 2023Ent. José Fernández, presidente Dalle Gas - XVIII Mercadiño e Exposición de Motos AntigasO pavillón de Goián acolle mañá sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 h e o domingo de 9.30 a 14.30 h o XVIII Mercadiño e Exposición de Motos Antigas organizado pola Asociación de Amigos das Motos Antigas Dalle Gas. Falamos co seu presidente José Fernández....more10minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,140 episodes available.