Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,486 episodes available.
July 18, 2024Ent. Óscar Romero - Protagonista da campaña "Parte de tí" de Eu RuralO tudense Óscar Romero é o protagonista dunha das historias da campaña Parte de Tí de Eu Rural. Hoxe coñecemos no programa Día a Día como xurdiu a súa paixón pola pastelería, a súa formación e a aposta por crear hai 25 anos en Tui o seu Taller de Dulces Óscar Romero....more18minPlay
July 18, 2024Ent. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense - Descenso Popular e Descenso Internacional do MiñoO Club Kaiak Tudense foi terceiro na fin de semana no Campionato de España de Sprint Olímpico en Asturias. Deste resultado e das competicións nacionais e internacionais nas que están a participar falamos con Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense. Amais deunos os detalles do Descenso Popular do Miño que se celebrará o xoves 15 de agosto, e do Descenso Internacional que terá lugar o sábado 24 de agosto....more10minPlay
July 18, 2024Ent. Cesareo Costa, director - Orquestra Sinfónica da Eurorrexión Galicia-Norte de PortugalMúsicos de 26 municipios integran a Orquestra Sinfónica da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O prestixioso director Cesareo Costa sitúase ao fronte deste proxecto nado no IKFEM que mañá venres ofrecerá o seu primeiro concerto nas cortinas de San Francisco en Valença xunto a Jorge Palma. Hoxe falamos dos retos desta orquestra con Cesareo Costa....more9minPlay
July 17, 2024Ent. Rosendo González da Asociación O Mosteiro - Andaina pola senda do río FurniaA Asociación Cultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro organiza unha andaina pola senda do río Furnia para o sábado 27 deste mes. Sairá ás 18.30 h dende o centro cultural. Ao longo do traxecto haberá sorpresas e no remate, na igrexa de Pexegueiro, coñecerase a historia do tempo e ofrecerá un concerto a Coral Ponte das Febres. Así nolo contou Rosendo González.Inscrición gratuíta, até o 25 deste mes, no 610 00 31 24 ou polas tardes no 661 44 56 21...more5minPlay
July 17, 2024Ent. Mário Laginha - Concerto no IKFEMMário Laginha estará este sábado, 20 de xullo, ás 22.30 h en concerto na Alameda de San Domingos, con Chano Domínguez, baixo o título de "Puro jazz Ibérico".Con el falamos deste concerto no que por vez primeira actuarán xuntos estes dous grandes nomes do jazz portugués e español....more6minPlay
July 17, 2024Ent. Salvador Sobral - Concerto no IKFEM con Marco Mezquida"Coisa de dois" é o título do concerto que hoxe ás 22.30 h ES ofrecerán Salvador Sobral e Marco Mezquida nas cortinas de San Francisco na Fortaleza de Valença, abrindo o IKFEM 2024. Hoxe falamos con Salvador Sobral deste concerto e da súa carreira musical....more8minPlay
July 16, 2024Ent Eloy Carrera e Eduardo Rodríguez - Concerto da Banda de Música Popular de Tui en ParamosA Banda de Música Popular de Tui vai participar o próximo venres 26 no Certame Nacional de Bandas de Músicas, tras unha das tres seleccionadas para o concurso. Poderemos escoitar o repertorio que van interpretar no certame este sábado, 20 de xullo, ás 21 h no Centro Cultural Laxes de Paramos. Falamos do evento con Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui e Eduardo Rodríguez, da Banda de Gaitas de Paramos que organiza o concerto....more8minPlay
July 16, 2024Ent. Daniel Pereira, Simon Lewis e María Hinojosa -Concerto do Trío Preseli no IKFEMDaniel Pereira, Simon Lewis e María Hinojosa conforma o trío Preseli, no que conectan Gales e Galicia a través da música. Este xoves, ás 22.30 h ES dentro da programación do IKFEM ofrecerán o concerto "Conexións Atlánticas". Esta mañá falamos con eles no programa a Día a Día desta ponte musical que tenderán na Eurocidade Tui-Valença. A entrada ao concerto ten un prezo de 5€ e está xa á venda en ikfem.com....more15minPlay
July 16, 2024Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado - Apertura do Mercado Municipal de San AntonioHoxe reabriu a praza de abastos de Tui, o Mercado Municipal de San Antonio, cos postos de carne, peixe e flor nesta primeira fase. Falamos desta apertura coa concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez....more8minPlay
July 16, 2024Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Balance pleno 21 de xuñoCo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas para valorar o pleno do pasado 21 de xuño, no que coma asuntos destacados se trataron os orzamentos de 2024 e a resolución do contrato de aparcamento. O alcalde confirmou que os orzamentos volverán a pleno o 31 deste mes. Por outra parte fixo balance do primeiro ano deste mandato....more24minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,486 episodes available.