Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,486 episodes available.
July 10, 2024Ent. Natalia Lago | Noite máxica con A Fada do AloiaVolven As Noite Máxicas coa Fada do Aloia. A primeira das citas será este venres ás 22 h para subir até o cumio do Aloia, coñecer a fauna nocturna e as lendas. As persoas participantes poderán observar as constelacións, planetas e a lúa da man de Antón Paz, guía Starlight e Divulgador Astronómico. A duración prevista é de 2 horas. O prezo é de 10€ nenos e 14 € persoas adultas. É preciso inscribirse no 619 96 90 90....more10minPlay
July 09, 2024Ent. Conchi Sales, Ana Pedreira e Fernando Carnero - IV Festival da Cultura Tradicional e FolkEsta fin de semana celébrase en Tui o IV Festival da Cultura Tradicional e Folk. O sábado a partir das 20 h na praza de San Fernando terá lugar o IX Certame de Gaita e Tamboril, e logo unha mostra conferencia do traxe galego a cargo do grupo etnográfico Traxandaina, e pechando a noite concerto do grupo folk Ardentía. O domingo ás 19.30 h celebrarase na Corredoira o IX Día da Muiñera. Así nolo contaron Conchi Sales, Ana Pedreira e Fernando Carnero da Asociación Cultural San Telmo organizadora do evento....more10minPlay
July 09, 2024Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Balance pleno 21 de xuñoHoxe fixemos balance con Carmen Núñez do BNG do pleno extraordinario urxente celebrado o pasado 21 de xuño en Tui con dous asuntos destacados os orzamentos e a resolución do contrato de aparcamento. Confirmou que tras esa sesión plenaria hai reunión co equipo de goberno para chegar a un acordo sobre as contas municipais para este ano. Tamén fixo balance do primeiro ano de mandato desta corporación....more20minPlay
July 08, 2024Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - XXXII Feira do Viño do RosalDende este venres até o domingo celébrase na praza do Calvario no Rosal a 32ª Feira do Viño do Rosal. Un evento que comezará xa o venres ás 13 h coa inauguración e pregón a cargo de Fernando Gurucharri, antigo presidente da Unión Española de Catadores. A feira amplía así as horas de duración e tamén o número de actividades. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, destacaba a importancia da feira e tamén do viño no municipio....more9minPlay
July 08, 2024Ent. José Palacín de C21 - Balance pleno 21 de xuñoAbrimos hoxe con José Palacín de C21 a rolda de conversas tras o último pleno da corporación celebrado con carácter extraordinario e urxente e no que se trataron dous temas destacados os orzamentos deste ano e a resolución do contrato do aparcamento subterráneo. Tamén lle preguntabamos polo balance do primeiro ano da actual corporación....more23minPlay
July 05, 2024Ent. Eduardo Méndez Sanjujo, comité organizador | X Campionato Ibérico de Kung FuO pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle este domingo, dende ás 10.30 h, o X Campionato Ibérico de Kung Fu Tradicional e Moderno. Coñecemos todos os detalles con Eduardo Méndez Sanjurjo, do Di Som e organizador do evento, e co deportista Miguel Santos....more14minPlay
July 05, 2024Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | XXXII Festa da Lagosta e da Cociña MariñeiraA Guarda celebra dende hoxe até o domingo a XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. A gastronomía maridará coas actividades previstas nun programa que abrirá hoxe o pregón de Luís Zahera. Falamos da festa con Roberto Carrero....more7minPlay
July 05, 2024Ent. Óscar Cabaleiro, Alicia González e Gregorio Díaz - GuillaFolk 2024Hoxe venres e mañá sábado celébrase no torreiro de festas de Guillarei o Guillafolk, Festival Folk. Hoxe celebrarán o festival folclórico e mañá o festival de bandas, pero tamén haberá outras actividades. Así nolo contaron hoxe Óscar Cabaleiro, e Alicia González da Asociación Cultural Lembranzas da Terra e Gregorio Díaz Veiga do grupo Erasmo Hernández de Gran Canaria que participará hoxe no festival folclórico....more13minPlay
July 05, 2024Ent. Mané Villa da Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández - Exposición ColectivaA Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández de Goián, co respaldo do concello de Tomiño, organiza unha exposición colectiva que se pode visitar até o próximo luns 8 de xullo, no Espazo Cultura no Mercado de Goián. Na mesma reúnen a obra de dez escultores que tiveron algún tipo contacto, directo ou indirecto, con Antonio Fernández. Falounos da mostra Mané Villa, quen indicou que teñen amais á venda cadros pintados por Antonio Fernández e por Xabier Pousa....more8minPlay
July 03, 2024Ent. Mar Rodríguez e Auri Rodríguez da Asociación Santa Columba - Semana Cultural de RibadelouroHoxe coñecemos todos os detalles da Semana Cultural de Ribadelouro, que organiza a Asociación Cultural Santa Columba do 7 ao 20 deste mes.Para iso no programa Día a Día acompañáronos Mar Rodríguez e Auri Rodríguez que nos explicaron a programación prevista....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,486 episodes available.