Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,286 episodes available.
February 16, 2024Ent. Teresa Lillo, neuropsicóloga - Taller Mente activa e autocoidado no Liceo CasinoO Liceo Casino vai acoller o taller "Mente activa e autocoidado" que van impartir en colaboración con Psicologuiños. Hoxe Teresa Lillo, neuropsicóloga, explicaba cales son os obxectivos, a quen vai dirixida e en que vai consistir este taller....more9minPlay
February 16, 2024Ent. Moisés Rodríguez, candidato tudense do PP - Eleccións AutonómicasO tudense Moisés Rodríguez ocupa o posto número 16 na lista por Pontevedra do PP nas eleccións autonómicas que se celebran este domingo, 18 de febreiro. Con el falamos esta mañá no programa Día a Día....more10minPlay
February 16, 2024Ent. Carme Núñez, candidata tudense do BNG - Eleccións autonómicas 18FNo programa Día a Día hoxe entrevistamos a tudense Carme Núñez, que ocupa o posto nº13 na lista do BNG pola provincia de Pontevedra nas eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebran este domingo....more14minPlay
February 15, 2024Ent. Roi Borrallas con Solo no Teatro Municipal de TuiNa fronteira entre o escenario e a vida real ten lugar "Solo" o espectáculo que Roi Borrallas presenta mañá ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. Dirixido a todos os público o propio Roi Borrallas nos explicaba coma é espectáculo polo que recibiu o Premio Feten 2023 á Mellor Interpretación Masculina e o Premio Zirkólina 2022 ao mellor Espectáculo de Pallasos/as. As entradas están á venda en tui.gal...more7minPlay
February 15, 2024Ent. Uxía Romero | Exposición "Natural Artificial"Hoxe xoves ás 19.30 h inaugúrase na Sala de Exposicións Municipal "Natural Artificial" a primeira mostra da tudense Uxía Romero. Tal e coma hoxe explicaba no programa Día a Día na mesma presenta obras que realizou mentres estudaba Belas Artes. Esta será a primeira vez que amosa ao público os seus traballos en pintura, debuxo e fotografía....more7minPlay
February 15, 2024Ent. Iván Carral, presidente de ACITUI - San Valentín SolidarioACITUI e e o comercio local puxo en marcha unha campaña de San Valentín Solidario, na que os clientes dos establecementos tudenses poden aportar un quilo de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño - Baixo Miño, e entrar no sorteo de ceas. Iván Carral, o presidente de ACITUI, así o explicaba, dando conta que aínda que o sorteo o van facer na fin de semana e recollida de alimentos a prolonga até finais de mes na trintena de comercios participantes....more5minPlay
February 14, 2024Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración pleno febreiroCo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de entrevistas para valorar o pleno celebración pola corporación municipal de Tui o pasado 1 de febreiro....more26minPlay
February 09, 2024Ent. Enrique Cabaleiro e José Manuel Carpinteira - 12º aniversario da Eurocidade Tui-ValençaA Eurocidade Tui-Valença cumpre mañá 12 anos. Hoxe falamos deste aniversario co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e co presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira. Mañá ás 21 h no Teatro Municipal celebrase un concerto con motivo deste aniversario....more10minPlay
February 09, 2024Ent. Berta García , investigadora do Grupo Novos Medios - Estudo sobre o coñecemento para reducir a incidencia do radónA catedrática de xornalismo e investigadora do grupo Novos da USC, encabezou unha investigación para coñecer a percepción por parte da poboación española do risco do do gas radón e das medidas para reducir a súa incidencia. Con ela falamos esta mañá en Día a Día....more8minPlay
February 09, 2024Ent.Nico Montes, voceiro do PP de Tui - Valoración pleno febreiroCon Nicolás Lorenzo Montes, voceiro do Partido Popular de Tui, continuamos hoxe a rolda de entrevistas para valorar o pleno extraordinario celebradoo pasado día 1 pola corporación municipal de Tui....more22minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,286 episodes available.