Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,286 episodes available.
February 08, 2024Ent. Iago Moure,membro da organización - Entroido de Goián 2024Hoxe coñecemos todos os detalles da programación do Entroido de Goián, con propostas tradicionais e outras innovadoras. Falamos con Iago Moure, membro da nova comisión organizadora do festexo....more13minPlay
February 08, 2024Ent. Serafín Martínez de NOKO 360 - VI Trail do AloiaEsta fin de semana celébrase o VI Trail do Aloia. O sábado pola tarde será a carreira para os máis de 200 nenos e nenas de 0 a 14 anos e o domingo dende ás 10 h para os case 600 inscritos nos 10 km e 20 km. Falamos da proba con Serafín Martínez, de Noko 360, organizador do evento....more9minPlay
February 08, 2024Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG de Tui - Valoración pleno febreiroContinuamos a rolda de conversas valoración do pleno celebrado o pasado 1 de febreiro pola corporación municipal de Tui con Carmen Núñez, voceira do BNG....more16minPlay
February 07, 2024Ent. Enrique Sanfiz, secretario EMUGA - Día dos Medios en GalegosHoxe, 7 de febreiro, celébrase o Día dos Medios en Galegos. Falamos desta data con Enrique Sanfiz, secretario de EMUGA, a Asociación de Emisoras Municipais de Galicia....more13minPlay
February 07, 2024Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura -Programación Teatro e EntroidoHoxe recibimos no programa Día a Día a Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, para falar da celebración do Entroido, co desfile-concurso o martes 13 no que avanzaba participarán 12 comparsas, e o enterro do Bacallau o domingo 18. Tamén repasou a programación que neste mes de febreiro e en marzo ofrece o Teatro Municipal....more12minPlay
February 06, 2024Ent. José Manuel Palacín de C21 - Rolda pleno febreiroCon José Manuel Palacín, concelleiro de C21 abrimos a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación das o pleno extraordinario celebrado o pasado xoves 1 de febreiro....more19minPlay
February 06, 2024Ent. José Carpinteira, presidente Cámara de Valença - Protesta agricultores portugueses en ValençaTráfico condicionado na estrada nacional 13, no centro de Municipio De Valença e no acceso á ponte internacional polas acción de protesta dos agricultores portugueses que están a realizar unha marcha lenta. Así o confirmou o presidente da Cámara de Valença, Jose Carpinteira....more5minPlay
February 05, 2024Ent. Rocío Vidal, La Gata de Schrödinger - IX Semana da Educación de TomiñoRocío Vidal, La Gata de Schrödinger, xornalista, publicista e divulgadora científica, participará este mércores, ás 19 h no auditorio de Goián, na IX Semana da Educación de Tomiño. Falará de ‘A importancia de educar no pensamento crítico dende a infancia’....more12minPlay
February 05, 2024Ent. Manuel Arca, inspector xefe Policía Local Tui - Tráfico Obras Avenida de PortugalComezaron xa as obras na Avenida de Portugal, polo que o acceso cara ao centro urbano e dende o centro urbano débese realizar pola autovía. Así o explicaba o inspector xefe da Policía Local, Manuel Arca, a primeira hora desta mañá....more3minPlay
February 02, 2024Ent. Iván Carral, de ACITUI, José Montes e Pilar Álvarez de Sos Tomiño Baixo Miño - Campaña solidaria San ValentínRecaudar alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño é o obxectivo da Campaña Solidaria de San Valentín que pon en marcha ACITUI coa colaboración do comercio local estea asociado ou non. Todas as persoas que entreguen un quilo de alimentos nos comercios participantes na campaña até o martes 13 recibirán unha rifa para entrar no sorteo de ceas de San Valentín. Todas as persoas interesadas poden continuar entregando alimentos até finais de mes. Amais os comercios que se queiran sumar á campaña poden contactar con ACITUI no 683 63 95 16. Polo momento xa están inscritos unha véntena de establecementos...more15minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,286 episodes available.