Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,486 episodes available.
July 15, 2024Ent. Marta Rodríguez, Vane Barberá e Xacobe Morais - Campus de Fútbol Sala Toñín MartínCase 120 nenos e nenas está a participar este mes de xullo no Campus de Fútbol Sala Toñín Martín que organiza A Quinta de Tui. Ao longo destas semanas realizadas diversas actividades e reciben visitas especiais que comparten con eles e elas as mañás. Hoxe é o caso das xogadoras Marta Rodríguez e Vane Barberá do Ourense OnTime Fútbol Sala, e que foron internacionais coa seleccións española. Hoxe acompañáronnos no programa Día a Día xunto a Xacobe Morais....more17minPlay
July 15, 2024Ent. Óscar Geadas e Begoña Vázquez - Showcooking no IKFEMA vella Ponte Internacional Tui-Valença converterase este sábado nunha ponte creativa dentro do IKFEM. Na programación prevista ao longo da xornada están os showcookings que realizarán Óscar Geadas, do restaurante G Pousada Estrella Michelín, e Begoña Vázquez do restaurante Regueiro da Cova, Mellor Cociñeira Galega 2024 do Fórum Gastronómico. Hoxe falamos con elas dos pratos que van elaborar este sábado na Eurocidade e tamén da súa cociña....more12minPlay
July 15, 2024Club de Emprego | Luns 15 de xullo de 2024Hai ano e medio que ORPAGU abriu a súa planta no Parque Empresarial de Areas. Hoxe Juana Parada, a súa xerente, deunos conta das ofertas que de emprego que teñen neste momento no tempo do Club de Emprego....more14minPlay
July 12, 2024Ent. Andrea González - IKFEM 2024O próximo mércores, 17 de xullo, comeza o IKFEM Festival. Hoxe coñecemos os detalles desta nova edición coa súa directora Andrea González. Falounos do lema #SomosPonte, dos concertos, da ponte creativa, das entradas para o festival, do Balcón do IKFEM,.......more16minPlay
July 12, 2024Ent. Mercedes Martín de Verdeazul - Descensos Nocturnos en KaiakA empresa Verdeazul leva máis de dúas décadas organizando descensos nocturnos en piragüa no verán. Unha experiencia que volverán a repetir este ano como nos explicou Mercedes Martín. Tamén nos deu conta dos outros servizos que ofertan....more14minPlay
July 12, 2024Ent. Joaquín Cadilla da Asociación O Piueiro - Festa RoseghaA preservación e a promoción da cultura mariñeira local é o obxectivo da Festa Rosegha que organiza a Asociación Piueiro na Guarda baixo o lema "Unindo Pobos". Celébrase dende hoxe e até o domingo con conferencias, exposicións, concertos e actividades infantís. Así nolo contou Joaquín Cadilla da Asociación O Piueiro, organizadores do evento....more5minPlay
July 11, 2024Ent.Ramiro García Entenza, director CEIP nº2 - Sello Vida Saudable 2024Novo recoñecemento para o CEIP nº2 de Tui nun curso especial xa que celebra o seu 50 aniversario. O Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes outorgoulle o distintivo de calidade de centros docentes “Sello Vida Saludable 2024”. Falamos do mesmo con Ramiro García Entenza, director CEIP nº2....more8minPlay
July 11, 2024Ent. Uxía Couto e Irene Boo da Comisión de Festas - Festas do Santo Cristo da Agonía en BaldránsMáis de 800 racións teñen previsto servir esta fin de semana na 31ª Romaría do Polbo en Baldráns que se celebra este sábado. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dará o pregón das festas do Santo Cristo da Agonía que se celebrarán até luns, e nas que actuarán a Banda de Gaitas A Insua de Caldelas e a Banda de Música Popular de Tui. Tamén contará co trío Salero, o grupo Ritmo, as orquestras La Fórmula e Solara e os dj Anxo Silva e Gabri Alonso. O domingo contarán con pantalla para ver o partido de España na final da Eurocopa....more5minPlay
July 11, 2024Ent. Nico Montes, voceiro do PP de Tui | Balance pleno 21 de xuñoProseguimos as conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación con Nicolas Lorenzo Montes, voceiro do PP de Tui, valorando o pleno do xuño cos orzamentos e a resolución do contrato do aparcamento. Tamén deu conta que hoxe terán reunión co equipo de goberno para negociar sobre as contas deste ano. Por outra parte valorou o primeiro ano do actual mandato, e lle preguntamos polo seu novo cargo de director territorial da Conselleira de Medio Ambiente, do que tomou posesión o martes....more22minPlay
July 10, 2024Ent. Javier Touza de ARVI - Vigo SeafestDende mañá xoves até o domingo celébrase nos xardíns de Elduayen en Vigo a quinta edición do Vigo Sea Fest. Un evento que ten coma obxectivo dar visibilidade e incrementar o consumo de peixe. A gastronomía, da man de prestixiosos cociñeiros será protagonista pero o programa abrangue un amplo conxunto de actividades nas que non falta nin a música nin o deporte. Falamos con Javier Touza, presidente de ARVI, a Cooperativa de Armadores de Vigo, que organiza este evento....more9minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,486 episodes available.