Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,499 episodes available.
April 08, 2022Ent. Ricardo Rodríguez, adestrador - Campionato de España por autonomías de balonmánDende mañá sábado 9 até o xoves 14 celébraase en Murcia o Campionato de España de Seleccións Autonómicas no que van participar varias xogadoras e xogadores tudensees. Serán os xuvenis Pablo Gándara, Eduardo Alonso e Juan Rodríguez, e o infantil Roque Estévez e a infantil Lía Salvado. Tamén o adestrador Ricardo Rodríguez, con quen falamos hoxe....more7minPlay
April 08, 2022Ent. Alumnado do CEIP nº1 -Iniciativa para recuperar as paradas de pasaxeiros en Tui e Cambio ClimáticoO alumnado de 2º e 5º recolleu onte máis de 1000 sinaturas demandando recuperar a parada de pasaxeiros na estación de tren en Tui. Mentres os seus compañeiros de 6º fixeron unha serie de enquisas para coñecer os hábitos da poboación para para o cambio climático, e organizarán unha recollida de lixo denominada "Actívate Tui"....more10minPlay
April 08, 2022Ent. Francisco Álvarez Koki - Presentación Aldea BuxánO Centro Cultural da Guarda acolle este venres ás 19.30 h a presentación do libro “Aldea Buxán” de Francisco Álvarez Koki. Con el falamos no programa Día a Día desta nova obra....more15minPlay
April 07, 2022Ent. David Fernández - Coidados Porta a PortaO luns 18 e o martes 19 de abril estará en Tui a unidade móbil de Coidados Porta a Porta que realizará de forma gratuíta servizos básicos de Podoloxía, Audioloxía e Estimulación da Memoria, ás persoas maiores de 55 anos do municipio.Para asistir é recomendable pedir cita previa no 622 74 82 83 ou no correo [email protected]...more9minPlay
April 06, 2022Ent. Elisa Cotelo,poñente -VI Campus Urbano Inglés no meu entornoA aula da UNED de Tui vai impartir do 27 de xuño ao 8 de xullo VI Campus Urbano “Inglés no meu entorno” dirixido a mocidade entre 10 e 15 anos. Elisa Cotelo, poñente do Campus, deunos hoxe todos os detalles....more7minPlay
April 06, 2022Alejandro Carrera - Acta de concelleiro vacante de Ciudadanos na corporación municipal de TuiDende hai seis meses unha das actas de concelleiro/a de Ciudadanos na corporación municipal de Tui está vacante. Alejandro Carrera Barrera é a persoa que ocupaba o posto nº4, e a quen lle correspondería tomar posesión. Na nosa sintonía explicou hoxe a súa decisión, por problemas familiares, de non incorporarse á corporación e cal é a situación neste momento....more27minPlay
April 05, 2022Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Actividades formativasPlay-Doc volve neste 2022 á primavera celebrarase do 4 ao 8 de maio. O festival ten arestora aberto o prazo de inscrición para dúas das actividades formativas que organizan: o I Seminario de crítica cinematográfica en formato podcast e O Imaxinario da Fronteira: Obradoiro de cinema comunitario. Falamos do festival e destas actividades co seu codirector, Ángel Sánchez....more8minPlay
April 05, 2022Ent. Alberto Romer - Premio Cidade de Tui 2022Alberto Romer recibirá o Premio Cidade de Tui 2022 por, entre outras cousas, o seu traballo na promoción do muíños do río Tripes, ser o impulsor da romaría de “ Os nosos fariñeiros, burros e muíños” e promotor da Asociación de Muiñeiros do río Tripes....more2minPlay
April 05, 2022Ent. josé Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño - Premio Cidade de Tui 2022O traballo xeneroso e altruísta dos numerosos voluntarios que integran esta Asociación, a colaboración interxeracional que promoven nas súas actividades e o amplo programa asistencial que desenvolve este colectivo, son parte dos méritos que tivo en conta o xurado dos Premios Cidade de Tui para galardoar este ano na categoría de colectivo á Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño....more2minPlay
April 05, 2022Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde, e Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Festas de San Telmo 2022O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, presentaron hoxe no programa Día a Día as Festas de San Telmo 2022. Explicaron as novidades, as localizacións, e deron a coñecer os Premios Cidade de Tui 2022....more17minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,499 episodes available.