Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,499 episodes available.
February 28, 2022Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda febreiroHoxe completamos a rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui. Con el abordamos distintos temas da actualidade política municipal...more29minPlay
February 25, 2022Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Entroido 2022A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou hoxe de novo na nosa sintonía que a falta de participantes foi o motivo que levou a non organizar o desfile-concurso de Entroido deste ano, tras as reunións mantidas coas comparsas. Este martes a cita será musical coa actuación da orquestra Miramar na rúa Compostela a partir das 19 h....more11minPlay
February 25, 2022Ent. Carlos Areal, xefe do servizo de ADOS - Doazón de SangueHoxe e mañá está en Tui a unidade móbil de ADOS, na rúa Casal Aboy a carón do centro de saúde. Carlos Areal, xefe do servizo de ADOS, explicaba que comeza a recuperarse o número de doazóns tras o bache rexistrado no Nadal e pola pandemia de covid. Lembraba que diariamente precísanse entre 400 e 500 doazón....more9minPlay
February 25, 2022Ent. Abel Vila de Empretui e José Carlos Blanco de ACITUI - Sorteo Tui é un amorNo programa Día a Día hoxe realizouse o sorteo de 10 vales de compra de 30€ nos establecementos participantes na campaña "Tui é un amor" organizada polo Concello de Tui coa colaboración de ACITUI e Empretui. Para realizar o sorteo acompañáronnos Abel Vila de EmpreTui e Juan Carlos Blanco de ACITUI....more6minPlay
February 25, 2022Ent. Dani Rodíguez e Paula Cobián - Compañia de danzaNo programa Día a Día hoxe visitáronnos o bailarín Dani Rodríguez e Paula Cobián. Dani Rodríguez comezou a súa formación na Escola de Danza Paula Cobián, e está no último curso do Conservatorio Superior de Danza en Madrid. Este domingo no teatro Jofre no Ferrol actúa con Fran Sieira Compañía de Danza co espectáculo “DeMente” e tamén está a participar na serie que se esta a rodar sobre Miguel Bosé, e ten marcha a súa propia compañía....more10minPlay
February 24, 2022Sección UNED - Xuntas AprendemosEste mércores Minerva Ojeda, coordinadora da Aula da UNED de Tui, presentou o programa "Xuntas Aprendemos" que vai ter lugar na aula tudense os xoves do mes de marzo de 18 a 20 h. Está organizado pola concellería de Igualdade en colaboración coa aula universitaria....more8minPlay
February 24, 2022Ent. Diana Martins e Manuel Vicente Roxo - MUMI 2022Hoxe abre o prazo de inscrición para os profesionais que desexen participar no MUMI, Encontro profesional das músicas do Miño. Celebrarase o 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro, na Eurocidade Tui-Valença. Falamos Diana Martins e Manuel Vicente Roxo desta feira no programa Día a Día....more12minPlay
February 23, 2022Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda Febreiro 2022A voceira do BNG Carmen Núñez participou hoxe na rolda de conversas que estamos a manter cos grupos políticos da corporación municipal....more16minPlay
February 22, 2022Ent. Begoña Valdomar, vicepresidanta AGACS - Foro do Camiño PortuguésHoxe Begoña Valdomar, vicepresidenta de AGACS, participará hoxe xunto a José Luís Sánches, directivo da Associaçao de peregrinos “Vía Lusitana”, participarán hoxe ás 19 h no Foro do Camiño Portugués que organiza o Concello de Tui. Con Begoña Valdomar falamos no programa Día a Día....more10minPlay
February 22, 2022Ent. José Ángel Fernández, voceiro PP - Rolda febreiroEsta mañá continuamos, no programa Día a Día, coa rolda de conversas cos voceiros dos grupos políticos da corporación municipal de Tui, que estamos a manter neste mes de febreiro. Hoxe foi a quenda de José Ángel Fernández, voceiro do Partido Popular....more26minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,499 episodes available.