Dende mañá até o 26 de setembro poderemos realizar unha viaxe no tempo nos xardíns do Balneario de Caldelas grazas á exposición fotográfica “A Nosa Auga, A Nosa Terra, A Nosa Xente”.
Unha mostra que podemos dicir é froito do confinanmento, un tempo no que a directora do Balneario, Ana Rodríguez, aproveitou levar a cabo un proxecto de recuperación das fotografías que atesouran no Balnerio, no que levaba tempo pensando.
A exposición poderá visitarse venres, sábados e domingos de 10 a 21h, sempre que non chova.