Tras o parón debido á covid mañá xoves volve o Cine Club Poleiro cun novo ciclo, o de Primavera, dedicado ao cinema español apoiando así a un dos sectores castigados pola pandemia..
Ramón Álvarez é o presidente do Cineclub Poleiro, quen daba conta deste regreso, retomando a actividade iniciada hai case 25 anos.
Mañá ás 21.30 h no Auditorio de Goián van proxectar “La Novia” de Paula Ortiz, que presenta unha adaptación de Bodas de Sangue de García Lorca.