Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,169 episodes available.
April 08, 2021Ent. Andrea Pousa en concerto - Preestrea de RetornoMañá venres, ás 20h Andrea Pousa preestrea no Teatro Municipal de Tui o seu segundo traballo discográfico “Retorno”. Será a primeira vez que se poidan escoitar as cancións deste disco que sairá á venda este mes. Canda a ela no escenario estarán catro músicos, seis bailarinas de danza contemporánea e proxectaranse videocreacións nun espectáculo moi visual e chamativo. O espectáculo máis arriscado dos que leva feito, segundo hoxe explicaba. O concerto chega a través do Musigal da Deputación e forma parte da programación cultural de San Telmo....more8minPlay
April 08, 2021Ent. Paco Nogueiras, músico e actor - "Brinca Vai" ás 18h na carpa da CorredoiraNa carpa que se instalou na Corredoira ás 18h actuará Paco Nogueiras co espectáculo “Brinca Vai”. Unha actuación neste San Telmo para a que xa non quedan entradas dispoñibles. Falamos con este músico e actor que combina música, animación e interpretación no seu espectáculo....more5minPlay
April 06, 2021Ent. Maruxa Sío, deportista tudense - Subcampioa xunto a Anna Solé na Copa de España de Vaurien en As PontesA deportista tudense, Maruxa Sío, do clube Alagua da Guarda, aínda que competindo neste caso por Vertigo Sailing quedou subcampioa xunto a súa compañeira catalá Anna Solé Dolcer, na Copa de España de vela en categoría feminina, celebrada do 1 ao 4 de abril en As Pontes, a bordo dun Vaurien. Falamos con ela hoxe no programa Día a Día....more9minPlay
April 06, 2021Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio e María Ferreirós, técnica - Axudas vivendaEste xoves de 12.30 a 13 h haberá un programa especial na nosa sintonía sobre as axudas para aluguer, adquisición ou rehabilitación de vivenda que teñen arestora aberto o prazo de solicitude. A técnica da Área Rehabilitación, María Ferreirós, responderá as dúbidas da cidadanía. Así o adiantaba hoxe xunto ao concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso....more15minPlay
April 05, 2021Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Programación Cultural de San TelmoDende este mércores e até o luns día 12, festivo local en Tui, terá lugar a programación cultural de San Telmo organizada polo Concello de Tui. Hoxe ás 20 h comezará en tui.gal a reserva gratuíta de entrada para os espectáculos que terán lugar na carpa da Corredoira e no Teatro Municipal. Falamos desta proposta cultural coa concelleira Sonsoles Vicente....more15minPlay
March 31, 2021Ent. Natalia Lago - Visitas Guiadas monte AloiaRealizar unha visita guiada ao Parque Natural do Monte Aloia é posible con A Fada do Aloia. Natalia Lago guía distintos percorridos para coñecer este espazo natural. De cara a Semana Santa ten boa parte das visitas completas. Pódese contactar con ela en afadadoaloia.com ou no 619 96 90 90...more6minPlay
March 31, 2021Ent. Hugo Lage - Visitas Guiadas a TuiHugo Lage conduce as visitas guiadas polo conxunto histórico de Tui que oferta en Bugina Turismo. Para esta Semana Semana ten completos boa parte dos horarios previstos. Pódese concertar unha visita en buginaturismo.com e no 684 193 927...more4minPlay
March 31, 2021Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Bonos ActivaTui do Concello de TuiFalamos coa concelleira de comercio, Ana Núñez, dos bonos de desconto ActivaTui para a reactivación do comercio local. Son dous bonos de 10 euros por persona para compras superiores a 25€. Resta só o mes de abril para solicitalos e consumilos. Quedan 2000 bonos dispoñibles. Solicítao en https://activa.tui.gal/activa-tui/...more8minPlay
March 31, 2021Ent. Sara Quintana - Visitas Guiadas a TuiCoñecer o conxunto histórico, a Catedral ou a ruta xudía cunha guía é unha das propostas que podemos levar a cabo estes días de Semana Santa. Sara Quintana ofrece percorridos guiados baixo demanda en visitasguiadastui.com ou 636 96 93 56...more5minPlay
March 30, 2021Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Turismo - Semana SantaTui preparase para unha Semana Santa marcada polas restriccións derivadas da pandemia. Falamos co concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso, de cómo se presentan estes días festivos....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,169 episodes available.