Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,500 episodes available.
November 12, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Tui proxecto piloto Plan de Acción Local da Axenda UrbanaO Concello de Tui recibirá unha axuda de 100 mil euros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a elaboración de proxectos pilotos de Plans de Accións Local da Axenda Urbana Española. Tui é un dos 4 concellos da provincia que foron seleccionados. O alcalde cualificaba esta resolución de "excelente noticia"....more5minPlay
November 11, 2021Ent. Conchi Millán e Nandi de Santiago da Plataforma pola Defensa da Sanidade de Tomiño - Reinvindiacións e situaciónHoxe coñecemos as demandas e accións que leva a cabo a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Tomiño con Conchi Millán e Nandi de Santiago....more16minPlay
November 11, 2021Ent. Moisés Rodríguez, deputado autonómico - Investimento da XuntaCo tudense Moisés Rodríguez, deputado autonómico, repasamos hoxe os investimentos que a Xunta está a realizar na comarca, como o acceso ao Parque Empresarial, ao proxecto dun novo centro educativo para Pazos de Reis....more17minPlay
November 11, 2021Ent. Xulio Vicente da CIG - Folga indefinida de IKF España na GuardaMáis de 60 días levan en folga os traballadores de IKF España da Guarda, a antiga fábrica das Cachadas. Con Xulio Vicente da CIG coñecemos os motivos deste paro dos traballadores....more13minPlay
November 09, 2021Ent. Suso Vila, historiador - Conferencia 450 anos da batalla de LepantoO historiador tudense, Suso Vila, pecha hoxe o ciclo de conferencias sobre o 450 aniversario da Batalla de Lepanto falando de “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu eco remoto no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui”. Con el falamos esta mañá na nosa sintonía....more8minPlay
November 09, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reacpon, reunións coa veciñanza, FairWayA humanización das rúas Antero Rubín e Coengo Valiño será financiada polo programa REACPON da Deputación de Pontevedra. O alcalde, Enrique Cabaleiro, explicaba hoxe en que vai consistir a obra. Tamén daba conta das reunións coa veciñanza que comezaron onte. Hoxe está presente en Santiago en Fair Way a Feira do Camiño de Santiago....more11minPlay
November 08, 2021Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui - Concerto 140 aniversarioA Banda de Música Popular de Tui celebra o seu 140 aniversario o sábado 27 de novembro, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui. Será un evento moi especial no que interpretarán temas de pop rock de ACDC, Mecano, Europe... como explicaba hoxe o seu director Eloy Carrera.As entradas poden reservarse en enterticket.es...more9minPlay
November 08, 2021Sección Club de Emprego - Luns, 8 de novembro de 2021Hoxe no Club de Emprego acompañounos Juana Parada, xerente de ORPAGU, con que falamos da planta que está a construír no Parque Empresarial de Areas, das datas previstas para a súa posta en marcha e das necesidades de persoal. Canda ela estiveron a concelleira de Emprego e Formación, Ana Mª Núñez, e a técnica de Orientación, Alejandra Lago....more24minPlay
November 05, 2021Ent. Laura Llauder - Sesión de danzaterapia na Abadía AxeitoEsta fin de semana terá lugar na Adadía do Pelouro Axeito unha sesión de danzaterapia. Laura Llauder, bailarina, coreógrafa e danzaterapeuta, explicaba en qué vai consistir esta sesión que non ten límite de idade, e non é preciso experiencia previa. Será o domingo de 18 a 20h....more11minPlay
November 05, 2021Ent. Feliciano Valcárcel, do San Xerome - Cooperativa Fogares SanxeXornada importante hoxe para o San Xerome coa constitucion da Cooperativa FOGARES SANXE, S. Coop. Galega da que forma parte un grupo de 38 persoas con diversidade intelectual e as súas familias.Falabamos esta mañá con Ciano Valcárcel, do San Xerome, deste importante paso....more9minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,500 episodes available.