Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,169 episodes available.
March 05, 2021Ent. Ana Núñez, concelleira de igualdade - Tui conmemora o 8M, Día Internacional da MullerAs 12h desta mañá presentábase na casa do concello de Tui o III Plan Municipal de Igualdade. Foi o primeiro dos actos programados co gallo do 8M, o Día Internacional da Muller. Ana Núñez adiantaba que o luns se poderá seguir en directo ás 12h nas redes sociais do Concello de Tui, un acto institucional reivindicativo no que haberá moitas sorpresas....more9minPlay
March 05, 2021Ent. Rocío Varela, directora CRA Mestra Clara Torres - Prazas dispoñibles na aula de AreasSobre a situación da aula de Areas falamos esta mañá con Rocío Varela, a directora do CRA Mestre Clara Torres. Necesitan conseguir un alumno máis como mínimo para poder seguir coa súa actividade nesta aula. O prazo remata o 22 de marzo....more6minPlay
March 04, 2021Ent. Victoria Teijeiro de La Quintana con O PremioMañá, ás 19.30 h chega ao Teatro Municipal de Tui a comedia “O Premio” con La Quintana. A obra está dirixida por Marian Bañobre e interpretada por Raquel Espada, Xurxo Cortázar e Victoria Teijeiro Álvarez. Con esta última falabamos hoxe do argumento desta peza teatral.Os prezos son de 6€ e 5€. Pódense mercar até mañá ás 18.30 h en tui.gal....more8minPlay
March 04, 2021Ent. Carlos Estévez, Federación Galega Motonáutica, e Rafael Fernández, xerente Fibralar - Campionato galego inclusivoEste mércores tivo lugar na Casa do Concello de Tomiño a sinatura dun convenio de colaboración entre a Real Federación Galega de Motonáutica e a empresa operadora de internet e móbil Fibralar. O acordo pretende potenciar a implantación do rebautizado Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica que comeza o 27 de marzo....more12minPlay
March 03, 2021Ent. Roberto Lira, xerente AEPROTEC - Máscaras cirúrxicas fabricadas en TuiXa están a venda máscaras cirúrxicas fabricadas en Tui pola empresa AEPROTEC. Hoxe no programa día a día falamos co seu xerente, Roberto Lira. Adicábanse ao campo da impresión dixital e se reinventaron coa fabricación de mácaras cirúruxicas de gran calidade....more13minPlay
March 03, 2021Ent. Elisa Alfaya - 2 Mind Combined con "Maxia sen trucos"Maxia, ilusionismo, mentalismo, sombras chinescas... nun espectáculo no que nada é o que parece é o que poderemos gozar mañá no Teatro Municipal de Tui. 2 Mind Combined, con Ian Hamilton e Elisa Alfaya, presenta "Maxia sen trucos". Coñecemos os detalles deste evento con Elisa Alfaya. Entradas á venda en tui.gal....more6minPlay
March 02, 2021Ent. Santiago Veloso de Ponte nas ondas - Ponte nas Ondas candidata a patrimonio cultural da humanidadeEspaña e Portugal presentarán unha candidatura conxunta ante a Unesco para que se inclúa no seu Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda, na categoría de Patrimonio Cultural Inmaterial, a Asociación Ponte nas Ondas....more12minPlay
March 02, 2021Ent. Silvia Soutelo, Asociación patrimonial e etnográfica acueducto de Caldelas - Verquidos en CaldelasA Asociación patrimonial e etnográfica acueducto de Caldelas denuncia verquidos incontrolados en distintos puntos desta parroquia, fundamentalmente na zona da antiga graveira. Denuncian entullos de obra ou incluso outros máis perigrosos como uralita ou cristais....more9minPlay
March 02, 2021Ent. Alejandro Rubín, vicepresidente Orden del Camino de Santiago - Xornadas promoción Camiño Portugués na Aula Uned TuiEste próximo sábado organízase en Tui, na aula da UNED no antigo convento de San Domingos na rúa Antero Rubín, unha xornada de promoción do Camiño Portugués da man da Orden del Camino de Santiago dentro do seu proxecto “Coñece os Camiños”. Será en horario de 11:30 a 17:30. Inscricións en [email protected]...more9minPlay
March 01, 2021Ent. Uxío Benítez, deputado de Cooperación Transfronteiriza e videdirector do AECT - Impacto do peche das fronteirasO AECT Rio Miño ven de comunicar as conclusións do seu estudo de impacto socieconómico da pandemia e do peche das fronteiras con Portugal encargado a UVigo. Falamos con Uxío Benítez este estudo que calcula perdas por valor de 92 millóns de euros nos 26 concellos transfronteirizos do miño durante o primer confinamento....more10minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,169 episodes available.