Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,169 episodes available.
March 01, 2021Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de cultura - Programación Cultural de Inverno no Teatro MunicipalEsta semana comeza a programación cultural no Teatro Municipal de Tui. Está formada por seis espectáculos de maxia, cinema e teatro. A concelleira de Cultura presentaba na nosa sintonía a oferta cultural para este mes. Ian Hamilton de 2 Mind Combined, e Laura Villaverde de Artesa Cía. abrirán e pecharán, respectivamente, esta programación. As entradas poden adquirirse en tui.gal...more13minPlay
February 26, 2021Ent. Patricia Rodríguez - Na AbadaHoxe coñecemos Na Abada, unha empresa familiar que hai uns meses comezoua súa andaina no Baixo Miño ofertando froitas e verduras de produción propia, comercializándoos directamente. Patricia Rodríguez explicaba que os produtos van directamente da horta, situada en Tomiño, á casa dos clientes....more11minPlay
February 26, 2021Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación 26 de febreiroA alcaldesa de Tomiño lembraba hoxe a importancia de cumprir as medidas fronte a Covid-19. Tamén falamos con ela sobre melloras en sendas, camiños e instalacións deportivas. Anunciou a renovación do Parque infantil da Praza da Mina....more16minPlay
February 26, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Fin do peche perimetralO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pedía prudencia esta mañá aos tudenses ante o fin do peche perimetral individual de Tui e a apertura da hostalería. Indicou que "é responsabilidade de todos seguir mantendo polo menos a situación epidemiolóxica actual para non volver a situación de partida"....more8minPlay
February 25, 2021Ent. Jesus González, remeiro tudense - Campión do Mundo de RemoergómetroO Tudense Jesús gonzález proclamouse Campión do Mundo de Remoergómetro en categoría de peso lixeiro este ano de xeito virtual. Explicabanos esta mañá no programa día a día como se desenvolveu este ano este campeonato e as súas próximas metas....more11minPlay
February 25, 2021Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Axudas hostalería e Polígono industrial A Guarda e O RosalFalamos co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, sobre a liña de axudas que está preparando o consistorio para a hostalería. Tamén sobre o proxecto do Polígono industrial entre A Guarda e o Rosal tras o inicio do estudo de viabilidade....more10minPlay
February 24, 2021Ent. Rocío Varela, directora CRA Mestra Clara Torres, e Lucía, nai dun alumno da aula de Pexegueiro - 24 de febreiroSobre a situación da aula de Pexegueiro falamos esta mañá con Rocío Varela, a directora do CRA Mestre Clara Torres. Necesitan conseguir dous alumnos máis para evitar que peche esta aula o ano que ven. Falamos tamén cunha nai dun alumno de Pexegueiro....more12minPlay
February 24, 2021Ent. Rafael Sánchez Bargiela, director Biblioteca Municipal - Día de RosalíaAchegámonos á figura de Rosalía de Castro, e as actividades previstas en Tui con Rafael Sánchez Bargiela, director da Biblioteca Municipal....more4minPlay
February 23, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcade de Tui - Orzamentos, levantamento peche e obrasHoxe completamos a rolda de conversas cos grupos políticos tras a aprobación no pleno de xaneiro dos orzamentos para este ano 2021 co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Tamén valorou as novas medidas que entrarán en vigor este venres, e referiuse a distintos proxectos....more23minPlay
February 22, 2021Ent. Laureano Alonso, concelleiro de novas tecnoloxías - Fibra Óptica no rural de TuiO concelleiro de novas tecnoloxías, Laureano Alonso, adiantaba esta mañá no programa Día a Día, as zonas do Rural nas que xa está dispoñible e preparada a rede de fibra óptica. Os usuarios desas zonas xa poden contactar coas operadoras que ofrezcan este servizo na zona para contratalo....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,169 episodes available.