Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,169 episodes available.
January 18, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación 18 de xaneiroO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, calificou as cifras de contaxios en Tui de "críticas e moi perigosas". Amáis son varios os casos positivos de Covid-19 nos traballadores do concello que podería suspender a actividade administrativa se a situación empeora....more14minPlay
January 15, 2021Ent. Manuel Lopes, presidente Camara de Valença - Comeza o confinamentoEsta medianoite comezou o confinamento domiciliario en Portugal, do que se exceptúa aqueles traballos que non se poidan realizar dende a casa e os centros educativos. Falamos da situación no país veciño co presidente da Cámara, Manuel Lopes....more4minPlay
January 15, 2021Ent. Elena Fernández, pta. Asoc de familias con Perthes - Día Mundial da PerthesA casa do concello de Tui iluminase este domingo de verde con motivo da celebración do Día Mundial da Enfermidade de Perthes. É unha enfermidade rara que afecta a nenos e nenas provoncado necrose no extremo do fémur coa cadeira. Os primeiros indicios pode ser unha leve coxeira. Co tratamento axeitado o oso se recupera, e se ten mobilidade total. Así o explicaba hoxe Elena Fernández de Mendiola, presidenta da Asociación Española de familias con Perthes....more13minPlay
January 15, 2021Ent. Lupe Pérez, xerente de Joy Baby - Peche do comercio tudense o próximo martesUn grupo de comerciantes tudenses deciciu pechar totalmente os seus negocios o próximo martes en protesta polas medidas restrictivas que afectan a Tui e polas que levamos máis de dous meses con peche perimetral individual. Falamos con Lupe Perez de Joy Baby sobre esta iniciativa....more5minPlay
January 14, 2021Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación xoves, 14 de xaneiro de 2021A Guarda rexistra hoxe 27 novos casos nos últimos 14 días. Da situación no municipio e das novas medidas que entrarán en vigor esta noite falamos co alcalde, Antonio Lomba....more11minPlay
January 14, 2021Ent. Cristina Correa, alcadesa de Oia - Situación en Oia xoves, 14 de xaneiroO número de novos casos en Oia nos últimos 14 días ascende a 44. No que levamos de mes rexistraron un incremento importante, xa que en decembro boa parte do mes estiveron sen casos ou por baixo dos 9. A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, destacaba a importancia do cribado masivo realizado no municipio e apelaba á veciñanza a cumprir as novas medidas restritivas...more7minPlay
January 14, 2021Ent. doutor Santiago Pose, do Centro de Saúde - Situación 14 de xaneiro de 2021Nos próximos días comezará a vacinación dos profesionais no Centro de Saúde de Tui, segundo avanzou o doutor Santiago Pose con quen abordarmos a actual situación epidemiolóxica na cidade....more5minPlay
January 13, 2021Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Orzamentos aprobados en pleno e COVIDTomiño aprobou onte en pleno os orzamentos de 2021 por importe de 7.725.000 euros. Falamos das contas municipais e da situación epidemiolóxica no municipio que hoxe ten 93 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días....more13minPlay
January 13, 2021Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Cribado Masivo no Rosal39 novos casos nos últimos 14 días son os que rexista hoxe O ROsal. Datos preocupantes en palabras da alcaldesa que solicitou á Sanidade un cribado masivo da poboación que se poderá inscribir en covid.orosal.gal. As probas faranse a próxima semana en Vigo....more5minPlay
January 13, 2021Ent. Ana Núñez, concelleira de comercio - Campaña ActivaTui do Concello de TuiA concelleira de Comercio, Ana Núñez, explicou hoxe as características da campaña ActivaTui. Hoxe comezou o prazo de adhesión para os establecementos a través do enlace dispoñible en tui.gal.Os consumidores deberán agardar até o 1 de febreiro para solicitar até 2 bonos de 10€ para consumir no comercio local en compras iguais ou superiores a 25€....more18minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,169 episodes available.