Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,171 episodes available.
September 21, 2020Ent. Teresa Domínguez, directora do CRA Mestra Clara Torres - Curso 2020-21Con tranquilidade comezou o curso escolar 2020-21 no CRA Mestra Clara Torres, adaptado coma os outros centros educativos ao protocolo covid 19. Falamos deste inicio do curso coa directora do CRA, Teresa Domínguez, a quen tamén preguntamos sobre a postura do centro con respecto á aula de Caldelas....more11minPlay
September 21, 2020Ent. Ángel Sánchez, codirector Play- Doc - Cambio das actividades da praza do Pracer ao Teatro MunicipalA previsión de choiva obriga ao Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc a trasladar a actividade prevista na praza do Pracer ao Teatro Municipal. Nalgúns casos faise un reaxuste horario, e en todas as sesión trasladadas se incrementa o aforo. Explicaba estes cambios Ángel Sánchez. Por outra parte esta tarde porán á venda dous novos horarios para as rutas polo conxunto histórico que se van celebrar o venres....more8minPlay
September 18, 2020Ent. Ángel Sánchez e Pablo Comesaña - Play Doc 2020A praza do Pracer será o escenario inaugural da décimo sexta edición de Play Doc, o festival Internacional de Documentais de Tui. Será o próximo mércores ás 20.30 h. O festival comeza xa hoxe en Filmin. Das primeiras proxección de "A Media Voz" e "Dorothé na vila" falamos hoxe con Ángel Sánchez, codirector, e do apoio do comercio local e do desplegable que editan con Pablo Comesaña, productor....more11minPlay
September 18, 2020Ent. Noelia Porto, concursante - Concurso Recantos do LuarNoelia Porto de Guláns, Ponteareas, debuta esta noite no concurso Recantos do Luar. Intepreterá dúas cancións, unha en solitario, buscando o seu pase á seguinte fase. É a representante da zona comprendida entre Arbo e A Guarda. Estudou Arte Dramático e toca o requinto na Banda de Guláns. Esta mañá acompañounos no programa Día a Día....more4minPlay
September 18, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación venres, 18 de setembro TuiEn Tui hai arestora 18 casos positivos por covid-19, e 45 persoas están en corentena por contacto con estes pacientes. Así o confirmou onte o conselleiro de Sanidade ao alcalde de Tui, na reunión telemática que mantiveron. O rexedor tudense insistía no chamamento á responsabilidade....more9minPlay
September 18, 2020Ent. Andrea González, directora IKFEM - Concerto de Ainhoa ArtetaAinhoa Arteta ofrecerá un concerto o 7 de outubro no Teatro Municipal de Tui dentro do IKFEM, o Festival de Teclado da Eurocidade Tui-Valença. É a primeira das confirmacións do festival. Andrea González, a directora do IKFEM, daba os detalles do concerto e explicaba coma está a ser a organización do edición deste ano....more6minPlay
September 18, 2020Ent. Abigail Cohen de La Candela - Repostería SefardíAbigail Cohen impartirá esta tarde na aula da UNED, no antigo convento de San Domingo unha charla-obradoiro sobre a repostería Sefardí no marco das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que se están a celebrar na Eurocidade Tui-Valença. Hoxe explicounos as características destes postres que desenvolve no seu taller situado agora en Toledo....more7minPlay
September 17, 2020Ent. Ana Vila, Nerea Álvarez, e Iria Márquez de Anarela - Lingua de SignosAnarela incorpora ás súas sesións de psicoloxía, logopedia, nutricionista o servizo de intérprete de lingua de signos, pero amais ofertará talleres de lingua de signos para nenos, adultos e de conversación. Amais mañá venres o sábado realizarán unhas charlas para pais e nais sobre a ensinanza de lingua de signos en bebés. Nolo contaron hoxe Ana Vila, Nerea Álvarez, e Iria Márquez....more11minPlay
September 17, 2020Ent. Ángel Sánchez, codirector Play- Doc - Presentación e sección GaliciaHoxe preséntase oficialmente Play Doc que comeza o próximo mércores. Falamos con Ángel Sánchez, codirector do festival deste acto e tamén das 9 películas galegas que forman este ano parte da programación....more5minPlay
September 17, 2020Ent. Ernesto Iglesias Almeida - Presentación novos librosÁs oito desta tarde o cronista oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida presenta novos libros da súa autoría. Son “Historia militar de Tui a través dos séculos” e “Os muíños do Concello de Tui”. A presentación estaba prevista a comezos de ano pero tivo que ser aprazada pola pandemia. Hoxe a cita será na Área Panorámica na Sala de Exposicións....more9minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,171 episodes available.