“Phygital. Localización, comunicación e propostas. Experiencias en tempo real” é un proxecto da Red de Juderías, no que participa o Concello de Tui.
Hoxe coñecemos esta iniciativa que une tecnoloxía avanzada, estratexias de comunicación e unha vocación patrimonial con Iñaki Echeveste, xerente da Red de Juderías.
En Tui foron instalados no conxunto histórico dous nódulos para a recollida de datos.