A Fortaleza de Valença acolle esta fin de semana unha nova edición do Mercado Medieval – Valença na Rota da História, que se celebrará do venres 5 ao domingo 7. Durante a fin de semana, as rúas e murallas da fortaleza encheranse con torneos a pé e a cabalo, teatro e música na rúa, espectáculos de fogo, danzas orientais e medievais, artes e oficios tradicionais e recreacións de combates e armamento.
O presidente da Cámara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira repasou as actividades desta cita que este ano ten como eixo central a Peregrinación de Don Manuel I a Santiago de Compostela, conmemorando o seu paso por Valença en 1502.