A Banda de Música Popular de Tui celebra este sábado a festividade da súa patroa, Santa Icía. Será ás 18 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.Vaino facer cun concerto especial e solidario no que banda estará acompañada polo cantante Antonio Barros, no que van interpretar música de verbena. Así nolo contaban Eloy Carrera, director da Banda, e Antonio Barros, cantante, destacando o variado repertorio que van ofrecer.
A entrada será un quilo de alimentos para SOS Tomiño- Baixo Miño. Dende SOS Tomiño Baixo Miño, José Montes, destacaba a importancia de iniciativas coma esta.