Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 770 episodes available.
September 09, 2025Ent. Iván Alonso, padeeiro de As Torres Romería Vikinga| 8º do Mundo en MaratónO tudense Iván Alonso, das Torres Romería Viquinga, colga a pá profesional do piragüismo tras ser oitavo do Mundo en Maratón, tanto na distancia curta coma na longa en Hungria.Previo ao Campionato anunciaba xa nas rúas redes que se retira da competición profesional tras competir en doce mundiais, e máis de 20 anos no equipo nacional. Hoxe confirmábao na nosa sintonía....more14minPlay
September 09, 2025Ent. Rebeca Blanco, arqueóloga e investigadora do Lab2PT | Barferencias do proxecto Fortalezas da FronteiraHoxe ás 19.30 h no Bar do Espazo Fortaleza en Goian terá lugar a primeira barferencia “Guerra e paisaxe no Baixo Miño no século XVII”. Na que intervirá Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga e investigadora do Lab2PT. Trátase dun acto que forma parte do proxecto arqueolóxico de escavacación da batería das Torres en Tomiño, Fortalezas da Fronteira. Deste proxecto conversamos hoxe con Rebeca Blanco....more7minPlay
September 09, 2025Ent. Minerva Ojeda, coordinadora da Aula da UNED de Tui | Comezo de cursosComeza n novo curso na aula da UNED de Tui cunha ampla proposta de actividades formativas de extensión que comezan xa esta semana. Hoxe coñecemos esta oferta con Minerva Ojeda, coordinadora da aula tudense....more6minPlay
September 09, 2025Ent. Tania Fernández, padeeira do Kaiak Tudense | Campioa do Mundo de Maratón en K2A padeeira do club Kaiak Tudense, Tania Fernández proclamouse, de novo, campioa do mundo de Maratón na categoría de K2 Senior xunto a súa compañeira Tania Álvarez. Tras regresar de Hungría falamos con ela deste campionato, e dos próximos obxectivos....more10minPlay
September 09, 2025Espazo comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUICon Pepe Míguez, presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, coñecemos hoxe os asuntos que van tratar a comezos de outubro na asemblea que celebrará ACITUI....more6minPlay
September 09, 2025Ent. Antonio Menduíña, reitor do Seminario Menor San Paio | Especial Volta ao ColeO Seminario Menor San Paio de Tui comeza hoxe martes 9 de setembro as clases, despois de celebrar onte a Natividade da Virxe María. Abre así as súas portas aos 30 alumnos que este ano están matriculados. Conversamos co reitor do seminario, Antonio Menduíña....more3minPlay
September 09, 2025Ent. Andrea Martínez, directora do CRA Mestra Clara Torres | Especial Volta ao ColeO CRA Mestra Clara Torres reabriu onte as súas portas para os 22 alumnos e alumnas que este ano están matriculadas. Nesta xornada de volta ás aulas coñecemos a situación deste CRA coa súa directora, Andrea Martínez....more4minPlay
September 08, 2025Ent. Mario Domínguez, de Terracita La Sigrina, e Brais Meireles, humorista | Noite de comediaEste venres 12 de setembro a Terracita La Sigrina despídese cunha noite de comedia con tres humoristas de Comedia Ración. As portas abren ás 20 h e a entrada ten un prezo de 6 euros. Hoxe coñecemos os detalles con Mario Domínguez, de La Sigrina, e Brais Meireles, un dos humoristas que actuará o venres....more8minPlay
September 08, 2025Ent. María Fernández | Transporte público ao CUVI dende TuiMaría Fernández é veciña de Tui e nai dun estudante da Cidade Universitaria de Vigo. Vén de denunciar ante a Valedora do Pobo a situación actual do servizo de transporte público escolar ao CUVI, agardando a resposta da Xunta de Galicia. Ela explicounos hoxe esta situación....more8minPlay
September 08, 2025Ent. Fernando Pérez-Lozao, director do Instituto Indalecio Pérez Tizón | Especial Volta ao ColeOs 378 alumnos e alumnas do Instituto Indalecio Pérez Tizón voltaron hoxe ás aulas. Nesta primeira xornada coñecemos a situación deste centro co seu director, Fernando Pérez-Lozao....more3minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 770 episodes available.