Dentro da programación do Día de Rosalía, este xoves ás 19.30 h terá lugar o concerto "Poesiacordes" no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Estará a cargo de Francisco Castro, escritor e músico, e de Valerio Araujo na percusión.
Será un encontro musical arredor da poesía galega con especial protagonismo para os poemas de Rosalía de Castro e tamén da obra de Álvaro Cunqueiro, Curros Enríquez ou Uxío Novoneyra. Francisco Castro presentará tamén o seu novo disco, tal e como explicou hoxe no programa Día a día.