A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado de 9.30 a 14.00 h un dos seminarios do Día de Scratch, organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG. Trátase dunha iniciativa que busca achegar á rapazada ao mundo da programación dun xeito lúdico e práctico.
Está dirixido a mozos e mozas de 7 a 15 anos, que deberán participar acompañados dunha persoa adulta.
Juan Luis Miguéns, secretario do CPETIG, deu todos os detalles.