Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Paula Cabaleiro | Ponte Creativa e Enogastronómica no IKFEM
    A vella Ponte Internacional Tui-Valença converterase mañá nunha ponte creativa e enogastronómica no marco do IKFEM Festival. 30 expositores, 8 grupos en concerto, foros, presentacións... todo nunha xornada especial que simbolizará a unión entre as dúas beiras do Miño. Así nolo contou hoxe Paula Cabaleiro, comisaria artística do evento.
    O tráfico na Ponte permanecerá cortado xa dende ás 6.45 h e até ás 3 h do domingo.
    16 min
  • Ent. Celtia Rodríguez, arqueóloga e investigadora | A campaña arqueolóxica das Torres descobre uns estribos de cabalo
    A campaña arqueolóxica que o proxecto Fortalezas da Fronteira desenvolve no xacemento das Torres, en San Miguel de Taborda (Tomiño), vén de documentar un dos achados máis relevantes desta edición: varios elementos metálicos de carácter militar, entre os que destacan uns estribos de cabalo.
    Celtia Rodríguez, arqueóloga e investigadora, explicou hoxe no programa Día a Día a importancia deste achado.
    5 min
  • Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas | Festas do Cristo 2026
    Salceda de Caselas vive esta fin de semana tres xornadas de tradición coa celebración das Festas do Cristo 2026. Unha programación que, como definía a alcaldesa Loli Castiñeira, é variada, intensa e pensada para que todas as persoas poidan celebrar e desfrutar.
    A rexedora salcedense destacou hoxe o especial desta festa, co Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os, o concerto de A Banda da Loba ou a instalación dunha pantalla para ver a final do Mundial de Fútbol este domingo ás 21 h. Con ese motivo, informou de que o concerto da Banda Cultural de Salceda celebrarase finalmente o luns 20, festivo local.
    8 min
  • Ent. Borja Niso, compositor e pianista | Concerto no IKFEM 2026
    A Alameda de San Domingos será o escenario este domingo do concerto de peche do IKFEM Festival Tui-Valença deste 2026. Será cun concerto moi especial de Borja Niso rendindo tributo a Ludovico Einaudi, e no que contará coa colaboración especial de Rosa Cedrón. Pero amais súmase ao concerto o proxecto Caixa Son e un coro infantil formado por alumnado de centros educativos de Tui. Así nolo contou hoxe o propio Borja Niso.
    O concerto comezará ás 19 h, xa que se anticipou o seu horario para non coincidir coa final do Mundial. As entradas están dispoñibles en ikfem.com.
    8 min
  • Ent. Uxía, cantante | Actuación no Festival IKFEM 2026
    A cantante galega Uxía participará no concerto que mañá venres ofrecerá António Zambujo, dentro da programación do Festival IKFEM 2026. Será ás 22.30 h ES nas Cortinas de São Francisco, en Valença, con entradas á venda en ataquilla.
    Hoxe no programa Día a Día, Uxía amosábase orgullosa de poder participar nun festival que promove a irmandade entre Galicia e Portugal.
    8 min
  • Ent. António Zambujo, cantante | Concerto no IKFEM 2026
    “Oração ao tempo” é o novo disco do portugués António Zambujo, que presentará mañá venres ás 22.30 h ES no IKFEM Festival 2026. Será un concerto nas Cortinas de São Francisco, en Valença, e no que contará coa actuación de Uxía como artista convidada.
    As entradas están á venda en ataquilla.
    Hoxe António Zambujo deu detalles sobre este concerto e sobre o seu último disco.
    6 min
  • Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal | XXXIV Feira do Viño
    O túnel do viño é unha das novidades da XXXIV Feira do Viño do Rosal, que se celebra dende este venres 17 até o domingo 19. Tres xornadas onde o viño é protagonista, con actividades infantís, música, obradoiros e moito máis, na praza do Calvario.
    Hoxe a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, deu información e detalles sobre esta feira organizada polo Concello e a Asociación Cabaqueiros do Viño do Rosal.
    11 min
  • Ent. Cristina Fálquez do Club Náutico San Telmo | Festividade da Virxe do Carmen
    O Club Náutico San Telmo coa colaboración da Asociación Cultural San Roque e San Bartolomeu e do Concello de Tui organiza unha actividade festiva tamén para mañá xoves, co gallo da celebración da Virxe do Carmen.
    Así nolo contaba Cristina Fálquez, do Club Náutico San Telmo detallando que haberá gastronomía e música en directo co grupo Pa Ti Na Ma.
    4 min
  • Ent. Elsa Roldán, soprano | Concerto na Catedral dentro do IKFEM
    A Catedral de Tui acolle este domingo, ás 19 h, un concerto moi especial no marco do IKFEM.
    A soprano tudense Elsa Roldán, e organista Joaquín Barreira, intepretarán un repertorio de obras procedentes do propio arquivo catedralicio nun evento único co que o festival se suma á celebración do VIII Centenario da consagración da Catedral tudense.
    Elsa Roldán, que actualmente estuda o máster de interpretación da Escola Raíña Sofía en Madrid, explicaba hoxe os seus comezos no mundo da música no Conservatorio de Tui, e o máxico que será para ela actuar aquí.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…