Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa e música, e Javier Alonso Pérez, director da AMdOR | Mundial de bandas en Kerkrade
    Hoxe viaxa cara Kerkrade, nos Países Baixos, a Agrupación Musical do Rosal para participar este sábado, 1 de agosto, ás 19 h no World Music Contest,o Mundial de Bandas. Unha cita a que acoden con moita ilusión e cun esixente programa para interpretar nesta competición. Así nolo contaron Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e música da banda, e Javier Alonso Pérez, director da AMdOR, a poucos minutos de embarcar cara a esta destacada cita. No Rosal o sábado o Concello instalará unha pantalla xigante na praza do Calvario para ver a actuación da banda rosaleira.
    7 min
  • Ent. Samuel Diz, músico e director de Música no Claustro | XX Festival de Música, patrimonio e creación
    Música no Claustro cumpre vinte anos e o fai celebrando o seu legado ao longo destas dúas décadas. Será dende este sábado 1 de agosto até o venres 7 de agosto. Sete veladas musicais nas que se darán cita artistas que xa estiveron no festival e que convidan a outros músicos a sumarse a esta celebración.
    Con Samuel Diz repasamos o programa previsto - dispoñible en musicanoclaustro.com - e conversamos sobre estes vinte anos.
    19 min
  • Ent. Marta Cendon, catedrática e presidenta do IET - Visita á Catedral
    Hoxe martes ás 20.30 h comeza no pórtico da Catedral a visita “As pegadas de 800 anos de arte na catedral de Tui” dentro do ciclo "Coñece o noso patrimonio" que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui.
    Marta Cendón, catedrática e profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e presidenta do Instituto de Estudos Tudenses, será a encargada de guiar esta visita. Hoxe avanzounos que poderemos coñecer no percorrido e fixo balance tamén da acollida que está a ter este ciclo.
    6 min
  • Espazo Comercio - Administración de Loterías nº1
    No tempo do Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, hoxe conversamos con Mónica Giráldez, da Administración de Loterías nº1 de Tui, que conta cunha longa traxectoria. Ofrecer un trato próximo, asesorar ao cliente e que mercar lotaría sexa unha experiencia agradable son parte dos obxectivos deste establecemento.
    11 min
  • Raíces e Vangarda | Luns, 27 de xullo d 2026
    Pechamos temporada de radio do espazo que cada luns dedicamos á gastronomía con Judical Romero.
    Hoxe en Raíces e Vangarda, antes do descanso estival, degustamos un café repleto de matices, e preparamos unhas filloas recheas de marisco. Judicael Romero deunos os seus consellos e trucos.
    18 min
  • Ent. Pablo González e Alfonso González - XXIV Noite internacional do Miño
    O folclore de Indonesia, Francia, Perú, Letonia e Galicia será protagonista maña martes na XXIV Noite Internacional do Miño. Dende as 21.30 h o Parque do Laxal, en Rebordáns, acollerá esta cita xa clásica no verán tudense.
    Pablo González e Alfonso González explicaron na Radio Municipal de Tui os detalles da proposta cultural.
    11 min
  • Ent.Fernando Mao, Alma Salazar, Minerva Ojeda e unha supervivinte |Libro "Boas prácticas en atención a vítimas de trata"
    O próximo martes 28 ás 12 h preséntase na aula da UNED de Tui o libro "Boas prácticas en atención a vítimas de trata". Unha publicación que reúne experiencias e aportes de especialistas internacionais para fortalecer as estratexias de prevención, asistencia e protección das vítimas.
    Hoxe coñecemos máis sobre esta situación con Fernando Mao, presidente da Rede Alto ao Tráfico e Trata de Persoas; con Alma Salazar, da RATT España; Minerva Ojeda, coordinadora da aula da UNED de Tui; e unha supervivinte de trata.
    33 min
  • Ent. Natalia Lago | Ruta nocturna e para ver bolborestas coa Fada do Aloia
    Dobre proposta a que realiza para esta fin de semana A Fada do Aloia. O sábado pola noite realizará a Noite Máxica coa colaboración de Antón Paz, monitor Starlight e o doingo pola mañá a Ruta das Bolboretas coa colaboración de Saba González.
    Cada unha ten un prezo de 10 € para nenos e nenas e de 14 € adultos. A reserva pode facer no 619 96 90 90.
    Natalia Lago, A Fada do Aloia, contounos como serán estes percorridos.
    7 min
  • Ent. Domingo González Lopo, codirector | XVII Leccións Xacobeas Internacionais
    As XVII Leccións Xaobeas Internacionales da USC, organizadas pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións estanse a celebrar desde este luns co título Patrimonio e Voces do Camiño de Santiago. As persoas participantes realizaron esta mañá o tramo do Camio Portugués entre Cerdal e Tui, e esta tarde visitarán a Catedral e outros puntos da cidade.
    Coñecemos que son estas Leccións Xacobeas e o programa que están a desenvolver con Domingo González Lopo, que é codirector destas xornadas, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e director da Cátedra UNESCO sobre Migracións da Universidade compostelana.
    9 min
  • Ent. José Mª Vázquez, responsable doazón e xestión de colecta de ADOS - Doazón de sangue en Tui
    “Un alento de vida” é o lema da campaña que este verán leva a cabo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e que esta tarde chega a Tui. o dr. José Mª Vázquez, responsable doazón e xestión de colecta de ADOS, incidía na nosa sintonía nos obxectivos da campaña e importancia da doazón de sangue xa que cada día son precisas 400 doazóns garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais.
    Unha unidade de doazón de sangue estará esta tarde na rúa Casal Aboy, a carón do Centro de Sáude. As persoas que participen na campaña de verán recibirán un agasallo como unha almofada ou un balón de praia pola súa participación e, nesta ocasión, ao carón da unidade móbil instalarase un espazo que simula unha típica terraza de verán. Os doantes poderán inflar un globo que pasará a formar parte da escenografía simbolizando ese aire que supón para moitos doentes recibir unha transfusión de compoñentes sanguíneos.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…