Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Marta Alonso Tejada - Peza multidisciplinar Sofá
    Marta Alonso Tejada xunto a Pablo Reboleiro, presenta este domingo en Tui “Sofá”. Trátase dunha peza multidiciplinar con danza, teatro, música en directo… que aborda as relacións de parella
    A cita será este domingo ás 20 h na igrexa de San Domingo. Marta Alonso Tejada explicaba o especial desta peza e do escenario onde a van levar a cabo. O espectáculo forma parte da programación cultural do verán do Concello de Tui e do ciclo Cultura no Camiño.
    4 min
  • Ent. Ana Mª Fernández, presidenta da Comisión de Festas | Festas na honra a Santa María Magdalena
    Cunha sardiñada, porco ao espeto, pulpeiro e a primeira verbena comezan hoxe as festas na honra a Santa María Magdalena en Ribadelouro. Até o domingo está previsto un amplo programa festivo no que terán concerto da Banda de Música Popular de Tui, actuación do grupos folclórico Santa Columba de Ribadelouro, actos relixiosos, poxas, verbena e tradición.
    Así nolo contaba a presidenta da Comisión de Festas, Ana Mª Fernández.
    6 min
  • Ent. Xoán Piñón | Concerto do dúo Doa
    Susana de Lorenzo e Xoán Piñón conforman o dúo Doa que este sábado, 25 de xullo, ás 20,30 h vai actuar na igrexa de San Domingo dentro da programación cultural do verán e do ciclo Cultura no Camiño.
    Doa conta cunha longa traxectoria e múltiples formación en función do concerto. Aquí en Tui chegan en formato dúo e contarán co colaboración de Fran Castro e Carlos Castro.
    6 min
  • Ent. Daniel Macua, de Grovias Fútbol Gaélico | Mundiais e próxima temporada
    Cinco xogadoras do Club Grovias Fútbol Gaélico participaron nos mundiais desta disciplina coa Selección Galega, que volveu con tres trofeos. Loreto logrou coa selección Galicia A a vitoria na Copa Shield da categoría International LGFA Division 1. Pola súa banda, Kary, Sara, Noa e María conseguiron coa selección Galicia B o triunfo na categoría International LGFA Division 2.
    Daniel Macua, do club Grovias e membro da coordinación do campionato, valorou hoxe no programa Día a Día estes logros.
    11 min
  • Espazo Comercio | Ideas Artesanas
    Artigos para bebé, elaboración de produtos artesanais, confección de artigos personalizados, bordados... e moito máis é que o que podemos atopar en Ideas Artesanas, na rúa Rosa Bahamonde.
    Conversamos con María Jesús Pérez, de Ideas Artesanas, sobre a súa aposta por continuar coa súa actividade profesional en Tui.
    8 min
  • Ent. Elsa Roldán, cantante tudense
    A tudense Elsa Roldán é cantante e violinista. Reside en Madrid, agora mesmo está a estudar na Escola Superior de Música Reina Sofía, e onte domingo ofreceu un concerto na Catedral de Tui, dentro do Festival IKFEM 2026.
    Hoxe conversamos con ela, coñecemos a súa historia e como chegou até onde hoxe está.
    15 min
  • Ent. Santiago Vega e Iago Eireos | Obradoiro de fotografía na Catedral de Tui
    “Tres olladas á Catedral de Tui: Arquitectura, emoción e narración” é o título do obradoiro de fotografía que a próxima semana se vai celebrar na Catedral de Tui organizado por Tude, o Museo Catedralicio Diocesano.
    Será impartido polo artista multidisciplinar Iago Eireos. Celebrarase o mércores 29 pola mañá, e o xoves 30 e venres 31 en horario de mañá e tarde. Ten un prezo de 15€ e é preciso inscrición previa.
    Hoxe coñecemos os obxectivos e todos os detalles da iniciativa con Santiago Vega, director de Tude, e o con Iago Eireos que impartirá o taller.
    8 min
  • Ent. Helena Pousa, presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño | Visita martes 20
    A praza do Concello será mañá martes, ás 20.30 h, o punto de partida da visita polo Lugares Democráticos de Tui que forma parte do ciclo Coñece o noso patrimonio que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui.
    Helena Pousa, presidenta da Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, será a encargada de guiar este percorrido. Hoxe na Radio Municipal avanzaba os lugares que formarán mañá parte da visita.
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…