Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Samuel Diz, Joanthan Alvarado, Begoña Riobó e Anxo Pintos - Musica No Claustro
    Música no Claustro é máis que un festival, é un “espazo nutritivo”, feito a escala humana, e o seu ADN insértase no ADN da cidade. Así nolo contaron esta mañá Samuel Díz, Jonathan Alvarado, Begoña Riobó, e Anxo Pintos, que xunto a Patricia González ofrecerán mañá sábado ás 21 h o concerto de apertura do festival que celebra a súa edición número vinte.
    Será unha tardiña cargada de emoción, de música de diversos estilos, de “regreso”,... na que non faltarán as sorpresas. O público volverá enchar o claustro cunha escoita atenta como destacan os e as artistas que xa actuaron en Música no Claustro e que co gallo destes 20 anos regresan a “casa”. A cita terá lugar no Claustro da Catedral de Tui.
    17 min
  • Ent. Katia Rocha e Vanesa Alonso do Centro Cultural San Fins - Romaría de San Fins
    A parroquia tudense de Rebordans celebra esta fin de semana a Romaría de San Fins. Comezarán xa mañá sábado á tardiña no entorno da capela, e o domingo realizarán a tradicional procesión dende o Centro Cultural até a ermida, na que participarán tractores e chimpíns.
    Déronnos todos os detalles Katia Rocha e Vanesa Alonso do Centro Cultural San Fins.
    5 min
  • Ent. Carlos Fer - Premio na Bienal de Arte de Cerveira
    O tudense Carlos Fer recibiu hai uns días o Prémio Revelação IPDJ – Instituto Português do Desporto e Juventude na XXIV Bienal Internacional de Arte de Cerveira (@bienaldecerveira) pola súa obra “Além do Álveo”, que foi adquirida pola Fundación da Bienal.
    Trátase dunha videoinstalación formada por 225 pezas impresas en 3D inspiradas nos deseños de azulexos das dúas beiras do Miño sobre as que se proxectan imaxes deste río compartido. Así nolo contaba na Radio Municipal de Tui, ao tempo que facía balance de “Relicario” a intervención artística que até finais de setembro presenta na Catedral de Tui.
    8 min
  • Ent. Rebeca Blanco-Rotea, arquelólog- Balance Fortalezas de Fronteira 2026
    O proxecto Fortalezas de Fronteira realizou nas últimas semanas unha segunda intervención no complexo das Torres en Tomiño. Coa directora da iniciativa e arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea coñeeimos o balance da actuación na que se despexaron algunhas incógnitas e na que se abriron novos interrogantes. Obtiveron máis de 700 piezas arqueolóxicas e atoparon evidencias dun gran incendio en época medieval.
    11 min
  • Ent. José Antonio Rodríguez, presidente da Mancomunidade de Montes do Baixo Miño - Ollos no Monte
    Máis de 200 persoas voluntarias de todas as idades están a participar en "Ollos no Monte" unha iniciativa da Mancomunidade de Montes do Baixo Miño que se leva a cabo por segundo ano consecutivo.
    Hoxe coñecemos en qué consiste, como se desenvolve, a situación dos montes da comarca, e tamén os novos proxectos nos que a traballa a Mancomunidade co seu presidente José Antonio Rodríguez.
    9 min
  • Ent. Patricia González, frautista | Concerto en Música no Claustro
    A tudense Patricia González volve "a casa" este sábado co concerto que vai ofrecer en Música no Claustro xunto a Samuel Diz. Volverá actuar no lugar onde estudaba frauta con 15 anos e onde actuou na primeira edición deste festival.
    Hoxe falamos con ela do especial deste concerto, do festival e tamén da súa traxectoria profesional.
    Este sábado poderemos gozar da súa interpretación con temas que teñen tamén un significado especial.
    13 min
  • Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui e Manuel Diz de Xuntanza | Proxección en Randufe
    “Mirani, historia da miña familia” e o título da película que o Cineclub Tui vai proxectar mañá venres, ás 21 h, na Casa Cultural de Randufe,en colaboración coa Asociación Xuntanza. A entrada terá un prezo simbólico de 2 euros.
    Noemí Guisande do Cineclub Tui e Manuel Diz da Asociación Cultural Xuntanza, explicaron como xurdiu esta colaboración, que volverán repetir no mes de setembro.
    6 min
  • Ent. María Jesús Prieto e Marta Pereira de Martei - Exposición Arte co Telas en Caldelas
    "Arte con telas" é o título da exposición que dende mañá xoves, 30 de xullo, se poderá visitar no Balneario de Caldelas. A mostra reúne a obra de María Jesús Prieto e de Marta Pereira de Martei.
    María Jesús Prieto presentará gran variedade de pezas realizadas en patchwork e Marta Pereira a primeira colección da súa marca Martei xunto a complementos e outras creacións.
    Hoxe contáronnos coma xurdiu a exposición tras o reencontro, logo moitos anos, e profesora e alumna,coa costura coma paixón compartida.
    9 min
  • Ent. Iria Prol, ilustradora - Obradoiro en Música no Claustro
    Realizar un caderno con ilustracións, da catedral, de músicos, de instrumentos musicais... é a proposta do obradoiro que Iria Prol, ilustradora, artista mural e deseñadora gráfica vai impartir a próxima semana, do martes 4 ao xoves 6 dentro da programación de Música no Claustro.
    Hoxe contounos como se vai desenvolver o obradoiro, a quen vai dirixido, e tamén nos deu conta do mural que realizou en Tui, en Ideas Peregrinas.
    A inscrición está aberta en musicanoclaustro.com
    7 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…