Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. José Ángel Gándara, presidente da Comisión de Festas | Festas do Monte 2026
    Miles de persoas gozarán esta fin de semana da programación das festas do Monte na Guarda. Mañá sábado grupos folclóricos, e 21 bandas mariñeiras participarán no desfile entre a Alameda e o Porto, e o domingo máis de 15 mil persoas subirán ao cumio do Monte. As verbenas e outras propostas culturais e de lecer forman parte do programa festivo. Así o explicou José Ángel Gándara, presidente da comisión de festas, quen lembrou a orixe dos festexos.
    10 min
  • Ent. José Ferreira, presidente da Comisión de Festas Virxe das Dores | Festas na honra a San Mamede
    Dous días de festa na honra a San Mamede son os van ter esta fin de semana na parroquia tudense de Guillarei. Mañá sábado coincidindo coa celebracións da comunións comezarán xa con ambiente musical, e logo o domingo a xornada festiva que rematará coa presentación das festas da Virxe das Dores que celebra 130 anos e 75 anos do manto da virxe que vén de ser restaurado, cuestións que quedarán reflectidas no cartel.
    8 min
  • Ent. Carmen Pérez, da comisión de festas | Festas de San Caetano en Paramos
    Festas na honra a San Caetano vanse celebrar este sábado, domingo e luns na parroquia tudense de Paramos. Gastronomía, verbena, actos relixiosos, e punto de encontro festivo para toda a veciñanza que agarda xa por estes días. Así nolo contou hoxe Carmen Pérez, membro da Comisión de festas de San Caetano, quen indicacaba que o domingo ás 10.30 h terán un pasarrúas da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.
    8 min
  • Ent. Sara Areal, violinista | Concerto Poema Infinito en Música no Claustro
    A violinista tudense Sara Areal regresa hoxe a Música no Claustro para presentar un proxecto moi persoal en ´casa´ e nun ´lugar seguro´ como ela mesma explicaba. Trátase de "Poema Infinito" unha proposta musical na que reflexiona sobre os sentimentos, a emoción, os momentos difíciles, e oregreso. Sobre o escenario estará acompañada por diferentes músicos, entre eles a súa irmá Raquel.
    Con Sara Areal conversamos sobre este proxecto, sobre os seus inicios, e sobre Música no Claustro.
    13 min
  • Ent. Ana García, pedagoga | Obradoiro Prepárome para o instituto
    O Centro Sociocomunitario de Tui acolle a primeira semana de setembro o obradoiro "Prepárome para o instituto", dirixido ás persoas que comezan esta nova etapa, e poidan aprender a elaborar esquemas, organización e técnicas de estudo.
    O prazo de inscrición remata o próximo venres 14 de agosto
    Ana García, pedagoga, indicou que a inscrición se pode realizar no teléfono 659 695 516 ou de xeito presencial no propio Centro.
    8 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo de Tui | Actividade eclipse no Monte das Penizas
    A eclipse solar do próximo mércores, 12 de agosto, vivirase de forma especial no Monte das Penizas en Paramos, coa actividde organizada polo Concello de Tui en colaboración coa Comunidade de Montes de Paramos.
    Dende ás 18 h haberá música con Botz, gastronomía...e o concello agasallará gafas homologadas para a observación da eclipse. Así nolo contou a concelleira de Turismo, Ana Núñez.
    11 min
  • Ent. Guadi Galego, cantante, e Samuel Diz, director de Música no Claustro | Concerto no festival
    Guadi Galego ofrece hoxe xoves ás 21 h no Festival Música no Claustro o seu único concerto en Galicia deste verán. Faino despois de transitar un periodo de reflexión, no que foi artellando e coñecendo o que nestes momentos quería expresar a través da música.
    Volver así ao festival para ofrecer unha proposta intimista, na que sentará ao piano e na que estará acompañada de Vic Moliner, produtor dos seus discos; e Iago Carro, baterista.
    Coñecemos toda a información con Guadi Galego e Samuel Diz, director do festival.
    13 min
  • Ent. David Fernández, ciclista | Campus de Ciclismo
    Xogos de equilibrio, frenadas, zig zag, relevos, obstáculos, os cambios, ou puntos a revisar antes de saír en bici, serán algún dos aspectos que aborde o Campus de Ciclismo organizado polo ciclista tudense David Fernández para as dúas últimas semanas deste mes de agosto en horario de 10 a 14 h. Vai dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos, desenvolvéndose na praia fluvial de Areeiros, en Guillarei, e na explanada a carón das pistas de atletismo da Macoca.
    Coñecimos todo os detalles con David Fernández, quen tamén fixo balance da temporada.
    6 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…