Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Ricardo Dasilva, presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes | Paseo botánico
    A Asociación de Muiñeiros do río Tripes organiza para o próximo mércores 19 de agosto un paseo botánico pola senda do Tripes. Será a partir das 19 h con inicio e fin na área recreativa de Circos, en Pazos de Reis. O prezo é de 5€.
    O paseo estará guiado por Xesús Fernández, doutor enxeñeiro e agrónomo, especialista en flora ornamental.
    O presidente da asociación, Rocardo Dasilva, explicou hoxe que as prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o próximo martes 18.
    8 min
  • Ent. Manuel Pedrares, presidente do Kaiak Tudense - Romaría Popular, Descensos Popular e Internacoinal e Selectivo
    Máis de 450 persoas van participar este sábado, 15 de agosto, no Descenso Popular do Miño. Así nolo contou o presidente do Kaiak Tudense, Manuel Pedrares, que nos achegou a información práctica sobre a sañida dos autobuses lanzadeira dende a rúa Tenencia e sobre a recollida de dorsais. Dende ás 12 h na ribeira de Caldelas celebrarase a Romaría Popular cunha proposta gastronómica a cargo da Asociación A Insua.
    Por outra parte Manuel Pedrares avanzou que Manu Garrido logrou esta mañá a praza en c1 senior para competir no Campionato do Mundo de Maratón en Arxentina. Mañá será a quenda de Tania Fernández xunto a Tania Álvarez no K2.
    9 min
  • Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Festa do Miño 2026
    Unha xornada de convivencia que se vive na rúa, así é a Festa do Miño que se celebra este sábado na rúa Compostela. Unha data que o Concello de Tui, as asociacións culturais e a cidadanía suman sinerxías nunha actividade que celebra a súa décimo cuarta edición.
    Así o explica a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Unha festa que define o arraigo de Tui co Miño, que forman parte da identidade local, e coas asociacións do municipio. Dende ás 20 h haberá gastronomía, e a música será tamén un dos ingredientes da festa con tres agrupacións A tú Ritmo, Fanfarria Takicardia e Mekánica Rolling Band.
    7 min
  • Ent. Borja Núñez, campión do Mundo sub 19 de remo e Manuel A.González, do Remo do Miño | Campión do Mundo
    Borja Núñez, remeiro do Club Remo do Miño fixo historia esta fin de semana ao colgarse a medalla de ouro no Campionato do Mundo Sub 19 en Catro Sen Temoneiro en Plovdiv. É o primeiro remeiro galego sub 19 en lograr subir ao máis alto do podio nun mundial.
    Compartiu connosco como viviu esa final . Canda a el estivo tamén o seu adestrador Manuel Angel González, presidente do Club Remo do Mño, que seguiur a final dende o club cos seus compañeiros, contounos tamén como viviu esa final coa confianza de que a medalla era posible.
    16 min
  • Espazo Comercio | Asociarse a ACITUI
    Cales son as vantaxes que ofrece a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, aos establecementos asociados, e cales son as vantaxes de ser socio foron presidente da asociación, Pepe Míguez. Fomentar o comercio local, darlle visibilidade e ofertar actividades de formación son algúns dos obxectivos de ACITUI.
    As persoas interesadas poden contactar con calquera membro da directiva, ou dirixirse á oficina situada no edificio Francisco Sánchez. Neste momemento son 116 asociados.
    7 min
  • Ent. Isilda Salvador, museóloga, ténica cultural e investigadora | Visita ao mosteiro de Ganfei
    A vinculación do Mosteiro de Ganfei e de San Teotonio con Tui será dada a coñecer esta tarde na visita guiada “Os tempos do románico en Ganfei: o mosteiro de O Salvador e San Teotonio”. Comezará ás 20.30 h ES no propio mosteiro dentro do ciclo “Coñece o noso patrimonio” que promove o Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui.
    Será guiada por Isilda Salvador, museóloga, investigadora e técnica cultural que avanzou algúns detalles da visita.
    9 min
  • Ent. Ismael Felgueiras e Ángel Vila, de Amigos da Festa de Rebordáns | Semana cultural e festas na honra Virxe do camiño
    Rebordáns prepárase para vivir esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Camiño. Previamente dende mañá celebran a Semana Cultural con teatro, gastronomía e música.
    Ismael Felgueiras e Ángel Vila, de Amigos da Festa de Rebordáns, presentaron hoxe na Radio Municipal de Tui a programación tanto da Semana Cultural con actos mañá martes e o mércores, como das festas que van celebrar xoves, venres e sábado.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…