Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Eloy Carrera e Gustavo Barcia da Banda de Música Popular de Tui - XXXI Festival de Bandas de Música
    Este venres ás 21 h celébrase a 31ª edición do Festival de Bandas de Música. Este evento, tradicional no verán tudense, cambia de emprazamento e se celebrará no Paseo Fluvial. En concerto estarán a Banda de Música de Salcedo e a Banda de Música Popular que Tui, que previamente farán un pasarrúas dende a Corredoira.
    Eloy Carrera, director, e Gustavo Barcia, música déronnos conta de como vai ser o festival no que 3 músicas tocarán por vez primeira coa banda tudense.
    11 min
  • Espazo Comercio | Martes, 18 de agosto
    Hoxe no Espazo Comercio, que realizamos cada martes en colaboración con ACITUI, Lucía Nogueira, vicepresidenta da asociación, deunos conta do que debemos ter en conta na campaña de Volta ao Cole, se nos queremos beneficiar da bonificación no IRPF. Tamén destacou a existencia das follas de reclamación con código QR.
    9 min
  • Ent. Quique Míguez, padexeiro olímpico | Descenso Internacional do Miño
    Los Ángeles 1984, Seúl 1988 e Barcelona 1992 foron os tres Xogos Olímpicos nos que participou o tudense Enrique Míguez Gómez. Hoxe lembrou na nosa sintonía como foi o multitudinario recibimento en Tui tras lograr o bronce en C2 xunto a Narciso Suárez en Los Ángeles, e a espiñiña cravada de non lograr a medalla en Barcelona 1992. Repasamos a súa longa carreira deportiva, como se iniciou no mundo do piragüismo, e que representa o Descenso Internacional do Miño que se celebra este sábado 22. Emociónase ao lembrar a imaxe deste sábado no descenso popular de centos de persoas gozando do río practicando piragüismo, un deporte que segue a ser a súa vida.
    21 min
  • Ent. Carolina e Julio, da Comisión de Festas de Pesegueiro | XX Rastrexo de Pesegueiro
    Até este domingo 16 están abertas as inscricións para o XX Rastrexo de Pesegueiro que se celebra o próximo sábado 22. Este ano a temática é La Casa de Papel, baixo o título “Plan de atraco: 20 anos na sombra”.
    Para participar é necesario formar un equipo de entre 6 e 12 persoas, e inscribirse no correo [email protected].
    Hoxe déronnos todos os detalles Carolina e Julio, da Comisión de Festas de Pesegueiro.
    9 min
  • Ent. Lis Montes, presidente da Comisión organizadora do centenario do Tyde | Partido entre o Pontevedra e o Ourense
    O estadio Álvarez Durán acollerá mañá ás 20 h un partido de pretemporada entre o Pontevedra e o Ourense. Así nolo contou hoxe Lis Montes, presidente da Comisión organizadora do centenario do Tyde, quen lembrou tamén a vinculación do Pontevedra co Tyde.
    Amais avanzou outras actividades que van realizar dentro da programación do Centenario, coma o Trofeo Cidade de Tui que se disputará o 29 deste mes.
    Lis Montes tivo tamén palabras de lembranza para Víctor Coyote con que o Tyde estaba a traballar, xunto a Pancho Álvarez, no himno do club.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…