Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Agustín Martínez, presidente, e Jacobo Gregores, director técnico do BM Tui | Final da Copa e Supercopa Galicia
    O pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle este domingo 30 a fase final da Copa e Supercopa Galicia 2026 de balonmán. Durante toda a xornada o balonmán será protagonista, con catro partidos de élite.
    Na final da Copa Galicia enfrontaranse o Teucro e o Bueu na categoría masculina, e o Carballal e Cañiza na feminina. Pola tarde, na Supercopa, os encontros serán Cangas contra O.A.R. Coruña e Atlético Guardés contra BM Porriño. As entradas están á venda na Federación Galega de Balonmán.
    Así nolo contaron Agustín Martínez, presidente, e Jacobo Gregores, director técnico do BM Tui.
    8 min
  • Ent. Majo González e Diego Pons | Semana Cultural Xuntanza de Randufe
    Coa Carreira Popular de Randufe comeza este domingo a programación da Semana Cultural Xuntanza de Randufe. Sairá o domingo ás 10 h do adro da Guía para as categorías superiores cun percorrido de 8 kms. A inscrición está aberta até mañá mércores en Cronotec.es
    Ao longo da Semana terán música, humor, playbacks, maxia, obradoiro... tal e coma hoxe nos contaron Majo González e Diego Pons, da Asociación Xuntanza.
    8 min
  • Ent. Rafael Sánchez Bargiela do IET | Remata o ciclo Coñece o noso patrimonio
    Esta tarde remata o ciclo Coñece o noso patrimonio promovido polo Instituto de Estudos Tudenses que ao longo dos meses de xullo e agosto brindou visitas guiadas e unha conferencia. Hoxe será un percorrido pola igrexa de San Francisco, da man do historiador da arte e membro do instituto, José Ramón Fernández.
    Unha visita que sorprenderá pola importancia dos retablos barrocos do templo e pola súa historia. Así o explicaba hoxe Rafael Sánchez Bargiela, historiador e membro do Instituto de Estudos Tudenses.
    4 min
  • Ent. Agustín Martínez, Jacobo Gregores e xogadores | Campamento de Balonmán
    O Club Balonmán Tui vai celebrar un Campamento de Balonmán gratuíto os días 1, 2, 3, 4 e 7 de setembro de 9 a 14 h no pavillón Gustavo Rodríguez para nenos e nenas nadas entre os anos 2013 e 2020. Coñecemos todos os detalles desta actividade con Agustín Martínez, presidente, e con Jacobo Gregores, director técnico. Tamén falamos con algúns xogadores e xogadoras Hugo, Diego, Martín, Hugo, Lía e Antía, que nos contaron canto tempo levan xogando ao balonmán e coma se iniciaron neste deporte.
    6 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira e María Ferreiró, técnica da Área Rexurbe | Axudas adquisición de vivenda no conxunto hº
    As persoas que teñan adquirido unha vivenda no conxunto histórico de Tui, en Área Rexurbe, dende o 15 de outubro de 2025 poden solicitar unha axuda de 15 mil euros dentro da convocatoria para a adquisición de vivenda protexida e en conxuntos históricos realizada pola Xunta de Galicia a través do IGVS. A información sobre esta convocatoria pode ampliarse na sede electrónica da Xunta, na web do IGVS e na oficina da Área Rexurbe no Concello de Tui.
    Amais a finais de ano podería sair a convocatoria de novas axudas para a rehabilitación no conxunto histórico de Tui ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda.
    Así o explicaron a concelleira de Vivenda e Conxunto Histórico, Ana Núñez, e a técnica da Oficina Rexurbe, María Ferreirós.
    13 min
  • Ent. Iago Piñeiro, presidente do Entroido de Goián | Estrea do documental 100 anos de troula
    O Entroido de Goián é centenario e conta cunha longa historia e tradición. Así se recolle no documental 100 anos de troula que se vai estrear mañá sábado ás 21.30 h. Co gallo da estrea desta peza audiovisual artellaron unha programación festiva que se celebra até este domingo.
    Con Iago Piñeiro, presidente do Entroido de Goián, coñecemos máis detalles das actividades e do documental dirixido por Suso Pando.
    8 min
  • Ent. Tania Fernández e Manu Garrido, padexeiros do Kaiak Tudense | Descenso Internacional do Miño
    Os padexeiros do Kaiak Tudense Tania Fernández, en K1, e Manu Garrido, en C1, competirán mañá no 55 Descenso Internacional do Miño. Unha cita deportiva especial tal e coma explicaba na nosa sintonía, e á que chegan tras clasificase para o Campionato do Mundo de Maratón que se celebrará en Arxentina a finais de outubro. Con eles falamos dos seus inicios do piragüismo e tamén desta regata do Miño.
    14 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…