En 1985 cinco mozos do Baixo Miño emprenderon unha aventura: descender o río Miño na súa totalidade, sen ningún equipo de apoio e en canoas construídas por eles mesmos. Percorreron os seus 317 kms, e agora, 40 anos despois, a exposición "O río que nos move" é testemuña desta aventura.
A mostra inaugúrase en Tui este mércores día 2 ás 19 h na Sala Municipal de Exposicións, onde tamén haberá un coloquio.
Así nolo contaron hoxe tres daqueles mozos, Rafa Cid, Carlos Carrera e Xurxo Estévez