Gran acollida teñen as andainas e camiñas saudables da Eurocidade Tui-Valença, que se desenvolven a unha e outra beira do Miño. Este domingo percorrerán a senda do río Furnia en Pesegueiro, nunha actividade que ten xa todas as prazas cubertas.
A primeira destas andainas tivo lugar o 22 de marzo polo Trilho de San Gabriel en Valença, este domingo será a do río Furnia, o 10 de maio o Trilho da Cascata da Grova, e o 7 de xuño a do río Tripes de novo en Tui. Continuarán logo nos meses de setembro, outro, novembro e decembro. Daba os detalles Claudia Montes de Altitude. En tui.gal está toda a información.
Hoxe déronnos todos os detalles destas actividades o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e Claudia Montes de Altitude.