Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Elvira Somoza e Patricia Pérez de Idades | Curso de Atención Sociosanitaria
    Do 21 de setembro ao 4 de novembro vaise impartir no Centro Municipal de Formación e Emprego do concello de Tui en Guillarei un curso de “Atención Sociosanitaria no domilicio”. Celebrarase de luns a xoves e 16.30 a 20.30 h, cun total de 150 horas lectivas das que 100 será teóricas e 50 de prácticas en empresa.
    O curso promovido pola empresa Idades coa colaboración do Concello de Tui.
    O curso vai dirixido a todas as persoas interesadas tanto mulleres coma homes. Poden inscribirse enviando un correo a [email protected] ou a [email protected], ou no teléfono 986 85 49 96. As prazas son limitadas. Así nolo contaron Elvira Somoza e Patricia Pérez de Idades.
    10 min
  • Espazo Comercio | María Lamas, de Dequip Tui
    Todo preparado para a volta ás clases e a rutina en Dequip Tui. Este establecemento, situado na súa Casal Aboy, ofrece todo tipo de produtos de cara a este novo comezo: zapatillas, roupa deportiva, complementos... Ademais de ofrecer descontos a persoas socias de diferentes ANPAS.
    Así nolo contou hoxe María Lamas, de Dequip Tui, no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.
    7 min
  • Ent. Suso Vila, doutor en Historia da Arte - Conferencia na programación do Setembro Xudeu 2026
    Suso Vila, doutor en Historia da Arte, ofrecerá hoxe ás 20 h na igrexa de San Domingos unha conferencia dentro da programación do Setembro Xudeu. Será baixo o título "Amores e tribulacións en tempos da Inquisición: disidencia e matrimonio na comunidade cristián nova na fronteira do Miño". Con el falamos esta mañá desta conferencia, dos datos concretos de Tui, e da igrexa de San Domingos.
    16 min
  • Ent.Rubén Morais do Judo Club Tudense - Inicio da temporada 2026/27
    O Judo Club Tudense iniciará a nova temporada 2026/2027 a partir do próximo luns 14 de setembro. O club realizará as clases os luns e mércores dende os 4 anos, en distintos grupos en función da idade. Os venres tamén haberá os adestramentos para os adultos. Tamén darán a coñecer esta práctica deportiva en distintos centros educativos tudenses neste inicio do curso.
    Así nolo contou Rubén Morais do Judo Club Tudense.
    5 min
  • Ent. Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM | Campionato de España de Radiocontrol térmico
    Este sábado e domingo celébrase en Tui o Campionato de España de Radiocontrol térmico organizado pola Real Federación Española e Galega de Motonáutica, por oitavo ano en Tui.
    O tudense Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM, deu os detalles de participación, os horarios, e o espectacular das probas que se poderán ver dende as gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Participan pilotos de toda España. Tamén se referiu a escola de pilotos, na que está o tudense Alberto Estévez.
    8 min
  • Ent. Eloy Carrera, Erik, Nerea, Alba e Pablo | Creación da Banda Infantil
    A Banda de Música Popular de Tui vai contar tamén cunha Banda Infantil, que se sumará á Banda Xuvenil que comezou a súa actividade hai tres anos.
    Hoxe Eloy Carrera, director da Banda, explicou os obxectivos da Banda Infantil dirixida ás persoas que levan un ou dous co instrumento.
    Amais coñecemos a experiencia dalgúns dos músicos destas agrupación Erik que toca o saxofón, Nerea o clarinete, Alba a frauta traveseira, e Pablo o trombón.
    12 min
  • Ent. Manel Loureiro, escritor | Presentación Antes de que todo cambie.
    “Antes de que todo cambie” é a última novela do escritor Manel Loureiro, que vai presentar hoxe venres ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. O autor explicaba hoxe na nosa sintonía que Tui sempre lle da sorte na súa carreira literaria, e falounos do seu libro, da historia, e do encontro cos lectores, como o que vai ter lugar esta tarde.
    O evento está organizado pola Libraría Espazo Lector Nobel de Tui, en colaboración coa Biblioteca Municipal. A entrada é libre.
    10 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…