O grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe estreará mañá ás 21 h no Teatro Municipal de Tui a obra "Tres porquiños" na que reflexionan sobre o problema da vivenda.
Baixo a dirección de Areta Bolado mañá subirán ao escenario do Teatro Municipal de Tui Marita Giráldez, Pilar Álvarez, Adrián Vila, Miguel Ángel Martínez, Alba Martínez, Pablo Alfaya; Amancio Muíños, Juan Carlos López, Ricardo Álvarez, Graciela González e Manuel Diz.
Falamos desta comedia e do grupo de teatro coa súa directora, Areta Bolado.
En tui.gal quedan as últimas entradas da venda en liña, e mañá poderanse adquirir, un máximo de 150, dende ás 20 h no despacho de billetes do teatro.