A primeira fin de semana de outubro o Monte Torroso, en Salcidos (A Guarda), acollerá a terceira edición da Festa Cultural e Gastronómica. Haberá diversas actividades, como un Concurso de Escultura en Pedra ou unha demostración de talla en madeira con motoserra.
Ademais, haberá actuacións musicais con Arume de Malvas, Quedequé ou Os ventos do Minho, entre outros. Hoxe coñecemos toda a programación con Manuel Benito, da Comunidade de Montes de Salcidos, que organiza a festa.