Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Conchi Regueiro, escritora tudense | TuidCon HispaCon 2026
    Teatro, fantasía escrita por mulleres, Historia, videoxogos, Aznarcon 2026 ou o encontro de Rosa Montero e Mafalda Santos son algunhas das actividades que haberá o sábado 17 de outubro na TuidCon HispaCon 2026, a convención de literatura fantástica que se celebra en Tui do 16 ao 18 do próximo mes.
    Conchi Regueiro, escritora tudense e membro da organización detallou a programación do segundo día da convención.
    17 min
  • Espazo Comercio | Campaña setembro e 30 anos de ACITUI
    Hoxe no noso Espazo Comercio o presidente de ACITUI valorou a campaña Remata as vacacións cun sorriso, na que participaron case 2.400 papeletas.
    Amais, avanzou que este sábado 3 ás 20 h no Espazo Sociocultural presentan a campaña polos 30 anos de ACITUI.
    8 min
  • Ent. Mar Rodríguez da Asociación Santa Columba | Ruta “Ven coñecer Ribadelouro connosco"
    “Ven coñecer Ribadelouro connosco” é o título de ruta guiada por Leticia Rodríguez que a Asociación Cultural Santa Columba organiza para este sábado 3 de outubro ás 17 h dende o Centro Cultural. Así nolo contou Mar Rodríguez, da Asociación Santa Columba todos os detalles desta ruta que profundará na historia da parroquia. A inscrición está aberta até este mercores no 661 334 076 cun prezo de 5 € por persoa.
    Mar Rodríguez avanzou tamén as clases que terán este novo curso.
    5 min
  • Ent. Pablo Romero, do Cineclub Tui | Película A sombra do meu pai e Semana de Cine
    Mañá martes o Cineclub Tui proxecta "A sombra do meu pai", unha película nixeriana do director Akinola Davies. Será no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela con dobre sesión: ás 18.30 h e 20.45 h. A entrada é gratuíta para persoas socias e menores de idade, e 2€ para público xeral.
    Pablo Romero, do Cineclub Tui, avanzou amais a Semana de Cine que celebran dende o 5 ao 11 de outubro.
    7 min
  • Ent. Elena Rivo, doutora en Organización de Empresas e docente na UVigo | Congreso Internacional de Turismo
    Os próximos 1 e 2 de outubro celébrase na Universidade de Vigo o 18º Congreso Internacional de Turismo ao abeiro do proxecto VISIT_RIO_MINHO_PLUS, do que o Concello de Tui forma parte.
    Elena Rivo é doutora en Organización de Empresas e docente na UVigo, e hoxe avanzou contidos que se van a abordar no Congreso. Convidou amais ás persoas interesadas a asistir, xa que o acceso é aberto.
    7 min
  • Ent. Conchi Martínez, farmacéutica | Día Mundial do Farmacéutico
    A casa do concello de Tui iluminarase esta noite de verde para conmemorar o Día Mundial do Farmacéutico que este ano ten por lema “Fortalecendo a saúde co farmacéutico".
    Conchi Martínez, farmacéutica, profundou hoxe no programa Día a Día no labor que desempeña o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra e da cadea de saúde da que forman parte os e as profesionais farmacéuticas.
    11 min
  • Ent. Maribel Pérez e Alfonso Ferreira da Coral San Telmo | IX Festival de Outono
    A Coral San Telmo de Tui organiza para mañá sábado, 26 de setembro, ás 19.30 h na igrexa de San Domingos o IX Festival de Outono. Participarán a Coral Polifónica de Berres (A Estrada), o Ochote Langreano e Coro Cantus Mulier (Asturias), e os organizadores, xunto ao grupo rosaleiro Lirolai.
    Maribel Pérez e Alfonso Ferreira, membros da Coral San Telmo contáronnos hoxe como se vai desenvolver o festival.
    11 min
  • Ent. Jorge Macedo, director da Banda de Música Cultural de Salceda | Concerto en Tui
    A Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, formada por máis dun centenar de músicos, ofrecerá mañá sábado ás 20 h no Teatro Municipal Tui un concerto.
    No mesmo van interpretar o programa co que van participar o 11 de outubro no Certame Galego de Bandas de Música. Jorge Macedo, director da Banda, explicou elixiron coma lema "O mar como espello do noso tempo" entorno ao que artellaron o programa do concerto.
    8 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…